O Tampereen jäähalli (en galego Pazo de Xeo de Tampere), tamén coñecido como Hakametsän jäähalli ou só Hakametsä (ás veces denominado tamén Hakametsa 1 para diferencialo do pavillón máis pequeno situado preto deste) en honor ao distrito no que está situado, é un pavillón deportivo da cidade de Tampere (Finlandia) adicado principalmente á práctica do hóckey sobre xeo, sendo a casa do equipo de KOOVEE, que participa na segunda categoría do hóckey sobre xeo finlandés. Ata decembro de 2021 acolleu os encontros dos dous principais equipos desta modalidade na cidade, Ilves e Tappara, ambos os dous competindo na SM-liiga (máxima categoría do hóckey sobre xeo en Finlandia). Foi construído en 1965 e ten capacidade para 7 595 espectadores (6 399 sentados).

Historia miniatura|Interior do pavillón. Construído en 1965, o Tampereen jäähalli é o pavillón máis antigo de hóckey sobre xeo de Finlandia. Ese ano, o país recibiu a posibilidade de acoller o Campionato do Mundo de hóckey sobre xeo masculino, e Helsinqui comezou a construción dun pavillón para o torneo. Non obstante, a capital finlandesa non puido rematar o proxecto a tempo, polo que se lle propuxo a Tampere construír un pavillón e albergar os partidos da competición.

O primeiro partido que se disputou no pavillón foi un partido das estrelas entre Tampere e o resto de Finlandia xogado o 29 de xaneiro de 1965 e que finalizou cun empate a 4 goles. O primeiro partido de liga disputado enfrontou aos dous equipos locais do Ilves e o Tappara o 31 de xaneiro dese mesmo ano, decantándose a favor dos primeiros por 5 goles a 3.

Orixinalmente, a capacidade do pavillón era de 10 200 espectadores, con tan só 1 573 asentos no lado leste da pista.

A finais dos anos '90 e principios dos anos 2000, houbo un intento de construír un novo recinto multipropósito en Tampere seguindo o exemplo do Hartwall Areena, construído en Helsinqui en 1997. Porén, estes proxectos non frutificaron e o Hakametsä continúa a ser a principal sede do hóckey sobre xeo na cidade. En maio de 2010, o concello de Tampere aprobou un proxecto para comezar o novo Tampereen Keskusareena.

Números retirados no pavillón Ilves 2: Jarmo Wasama 7: Aarne Honkavaara 13: Risto Jalo 14: Lasse Oksanen 16: Jorma Peltonen 30: Jukka Tammi 41: Raimo Helminen

Tappara 2: Kalevi Numminen 3: Pekka Marjamäki 7: Timo Jutila 8: Janne Ojanen 10: Timo Susi

KOOVEE 10: Heino Pulli

Véxase tamén

Ligazóns externas O Hakametsän jäähalli na web do Tampereen Ilves O Hakametsän jäähallien www.hockeyarenas.net

Categoría:Recintos deportivos de Tampere Categoría:Ilves (hóckey sobre xeo) Categoría:Tappara