Karl Theodor Wilhelm Weierstraß (escrito Weierstrass cando non está dispoñible o carácter "ß"), nado en Ostenfelde (Westfalia) o 31 de outubro de 1815 e finado en Berlín o 19 de febreiro de 1897, foi un matemático alemán que se adoita considerar como o «pai da análise moderna».

Traxectoria Estudou matemáticas na Universidade de Münster. Ademais das súas prolíficas investigacións hai que sinalar que foi profesor de cátedra na Universidade de Berlín na que tivo entre os seus discípulos a Georg Cantor, Ferdinand Georg Frobenius, Wilhelm Killing, Leo Königsberger, Carl Runge e Sofia Kovalévskaya.

Contribucións en matemáticas

Citado como o «pai da análise moderna», Weierstraß deu as definicións actuais de continuidade, límite dunha función e derivada dunha función matemática, que seguen vixentes hoxe en día.

Isto permitiulle demostrar un conxunto de teoremas que estaban ata entón sen demostrar como o teorema do valor medio, o teorema de Bolzano-Weierstrass e o teorema de Heine-Borel.

Tamén realizou importantes achegas en converxencia de series, en teoría de funcións periódicas, funcións elípticas, converxencia de produtos infinitos, cálculo de variacións, análise complexa etc.

Véxase tamén Outros artigos Teorema de Weierstrass Teorema de Bolzano-Weierstrass Teorema de aproximación de Weierstrass xeneralizado no teorema de Stone-Weierstrass Teorema de Weierstrass-Casorati Función elíptica de Weierstrass Función de Weierstrass

Ligazóns externas

Versións dixitalizadas das súas publicacións orixinais, dispoñibles online desde a biblioteca da Berlin Brandenburgische Akademie der Wissenschaften

Categoría:Finados en 1897 Categoría:Nados en 1815 Categoría:Nados na rexión de Münster Categoría:Matemáticos de Alemaña Categoría:Medalla Copley Categoría:Alumnos da Universidade de Münster Categoría:Profesores da Universidade Humboldt de Berlín