Para a serie de videoxogos, vexa Age of Empires.
Age of Empires II: The Age of Kings (usualmente abreviado AOE2 ou AOK) é un videoxogo de estratexia en tempo real para computadores persoais desenvolvido por Ensemble Studios e máis tarde por Skybox Labs (o seu remasterizador), e distribuído por Microsoft Games para os sistemas operativos Windows e macOS, e Konami para PlayStation 2. Foi lanzado a mediados de 1999 e é o segundo título que compón a serie Age of Empires.
O xogo está ambientado na Idade Media, xusto trala caída do Imperio romano e a toma de Roma polos Visigodos. O xogador pode optar entre 13 civilizacións que existiron naquel período histórico, e debe encamiñalas para formar un vasto imperio e vencer os seus inimigos. O xogo ofrece a posibilidade de xogar contra o ordenador ou contra outras persoas en liña, cun máximo de 8 xogadores por partida.
Age of Empires II foi desenvolvido pola subsidiaria de Microsoft Ensemble Studios baixo a dirección de Bruce Shelley, deseñador de Age of Empires e colaborador no deseño do xogo de estratexia Civilization. O seu motor gráfico é coñecido como Genie Engine, o cal é utilizado tamén no título Star Wars: Galactic Battlegrounds.
Tralo seu éxito comercial, tivo unha secuela directa de expansión coñecida como Age of Empires II: The Conquerors, onde se engaden melloras ao xogo, incluíndo 5 civilizacións máis, 4 novas campañas, novos mapas e un aumento de poboación. Unha segunda secuela directa de expansión coñecida como Age of Empires II: The Forgotten foi lanzada o 7 de novembro de 2013 a cal agregan melloras ao xogo, incluíndo 5 civilizacións máis, 7 novas campañas, novos mapas e un novo aumento de poboación. O 9 de abril do 2013 lanzouse unha remasterización do xogo que chamada Age of Empires II: HD Edition. Tivo tamén unha variedade de versións «alternas», que apareceron nas consolas Nintendo DS e PlayStation 2, así como adaptacións nalgúns teléfonos celulares. O 5 de novembro do 2015 lanzouse unha terceira expansión denominada Age of Empires II: The African Kingdoms, na que o xogo expándese ao continente africano, agregando catro novas civilizacións, novas campañas, unidades, tecnoloxías etc. O 19 de decembro do 2016 lanzouse unha cuarta nova expansión ambientada no Sueste Asiático, titulada Age of Empires II: Rise of the Rajas, que introduciu catro novas civilizacións, campañas, mapas, unidades, melloras na IA etc.
Antecedentes miniatura|150px|Consola PlayStation 2, plataforma para a que se deseñou tamén Age of Empires II.
Desenvolvemento Dous anos despois do lanzamento de Age of Empires, Ensemble Studios emprendeu o desenvolvemento da súa secuela. O desenvolvemento do xogo estivo baixo a dirección de Bruce Shelley, deseñador de Age of Empires e colaborador no deseño de Civilization e Railroad Tycoon. Traballou cun grupo de deseñadores e programadores; os principais foron Greg Street (biólogo mariño), Angelo Laudon e Ian Fischer (Armada dos Estados Unidos), os cales axudáronlle despois a desenvolver tamén o Age of Mythology.
No xogo introducíronse melloras en comparación co orixinal de Age of Empires. En Age of Empires II incluírose un gran número de tecnoloxías e formacións de combate: protexer, mover, atacar, formación de tropas, patrullar determinados lugares e gornición de edificios. Tamén se agregaron novas condicións de vitoria no xogo tales como gorecer todas as reliquias no mapa, e novos tipos de partida, como a rexicida.
Neste título utilizouse o mesmo motor gráfico de Age of Empires. O motor foi desenvolvido por Ensemble Studios e coñéceselle co nome Genie Engine. Este motor é utilizado para a creación de xogos de estratexia en tempo real. Star Wars: Galactic Battlegrounds foi un dos títulos que aproveitou o mesmo motor de Age of Empires II, incluso a interface gráfica é moi parecida, coa diferenza de que o outro xogo está ambientado nun contorno futurista espacial.
Publicación A versión para PC de Age of Empires II foi publicada o 17 de setembro do 1999 nos Estados Unidos, o 30 de setembro do 1999 en Europa e o 16 de novembro do 2006 en Australia. A versión desenvolvida para consola PlayStation 2 foi posta á venda o 2 de novembro do 2001 nos Estados Unidos e o 14 de febreiro do 2002 no Xapón. Pola súa parte, a versión para a consola portátil Nintendo DS foi estreada o 14 de febreiro do 2006 nos Estados Unidos, o 29 de setembro de 2006 en Europa e o 16 de novembro de 2006 en Australia.
Modos de xogo O xogador toma o control dunha aldea ou cidade pertencente a unha determinada civilización e a guía a través de 4 idades: Alta Idade Media, Idade Feudal, Idade dos Castelos e Idade Imperial. Cada idade brinda melloras á civilización, xa que fai que diversas unidades, edificios e tecnoloxías estean dispoñibles para o seu uso. Para avanzar dunha idade á seguinte é necesario construír algúns edificios e pagar recursos económicos. Na idade Imperial, que é unha reminiscencia dos primeiros anos do Renacemento, toda a árbore de tecnoloxías está dispoñible para a civilización. . miniatura|Xoana de Arco no asedio a Orleans, un dos acontecementos representados no videoxogo. Con respecto ao seu predecesor, Age of Empires II: The Age of Kings inclúe algunhas innovacións. Ademais das novas civilizacións, unidades, tecnoloxías e edificios, destacan algunhas opcións para o control dos exércitos, como as formacións, que permiten manobralos de maneira máis ordenada. Outra novidade foron certas características de combate, coas cales pódese ordenar a unha unidade ou grupo militar patrullar unha área, protexer a outra unidade ou edificio ou seguir a outra unidade. Ademais disto están as posicións de combate, para decidir a forma que responde unha unidade ante certa situación. Así, pode establecerse que unha unidade ataca sempre ao inimigo ou que o faga sen moverse da súa posición, incluso non atacar baixo ningunha circunstancia. miniatura|220px|Frederico I Barbarroxa, Emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico tamén protagoniza unha campaña.
Un xogador É posible que un só xogador loite contra o ordenador, xa sexa nunha partida estándar ou nunha campaña. O xogo ten 5 campañas que reflicten un acontecemento na historia, como Xoana de Arco liderando os francos durante a Guerra dos cen anos ou Xenxis Khan como invasor de Eurasia.
Ademais das campañas provistas polo xogo, tamén é posible xogar escenarios ou campañas personalizados, creados co editor de escenarios provisto polo xogo, as cales soléense obter en diversas páxinas web.
Existe tamén o modo de partida estándar ou mapa aleatorio, que enfronta a un xogador en contra dun determinado número de xogadores de ordenador polo control do mapa. O obxectivo habitual neste tipo de xogos é derrotar aos inimigos e obrigalos a renderse, para o que se debe matar a todas as unidades inimigas e destruír todos os seus edificios, aínda que tamén hai outras condicións de vitoria, como a construción e posterior protección dunha Marabilla, ou guarecer todas as reliquias do mapa. Se un xogador conserva a súa marabilla durante un período determinado ou mantén reunidas todas as reliquias tamén durante un tempo, gañará a partida. Adicionalmente existe un tipo de xogo chamado "combate total" no que o xogador comeza con moitos recursos para poder crear grandes exércitos. Fóra dos recursos adicionais, as condicións de vitoria son as mesmas neste tipo de partidas. Outro tipo de partida é a rexicida, onde cada xogador comeza cun rei, e o obxectivo é matar ao rei do inimigo, así como evitar que o rei propio sexa eliminado.
Ademais das condicións de vitoria, o xogador pode establecer e elixir outros factores como o tamaño e tipo de mapa, o número de xogadores, a velocidade da partida, permitir ou non cambios de equipo, o límite de poboación, entre outros. Unha opción que ten é gravar a partida para podela ver posteriormente. Durante a partida, tamén ten a opción de gardala para continuala despois.
Multixogador
Existen catro maneiras de xogar no modo multixogador. A primeira é a conexión en serie, a cal é unha configuración de conexión en que as terminais dos dispositivos conéctanse de forma secuencial; a segunda é TCP/IP na rede de área local, cuxa extensión está limitada fisicamente a un edificio ou a un contorno de ata 100 metros aproximadamente; tamén pódese xogar por TCP/IP por Internet, na cal un xogador de calquera lugar do mundo crea a partida e os demais xogadores únense a ela de calquera outra parte a través da enderezo IP do xogador que creou a partida. Por último, existe a opción de conectarse a través dun módem, marcando o número de teléfono do creador e viceversa, para conectarse o creador e os que se unen. Para xogar en liña necesitase un módem de 56,6 Kbps, como mínimo, ou unha conexión de banda ancha para mellor desempeño. Para xogar en modo multixogador todos os xogadores deben inserir un cd do xogo na unidade cd rom do seu ordenador.
Anteriormente, Microsoft Zone foi unha páxina de web popular para as partidas de TCP/IP por Internet, pero este servizo foi retirado o 19 de xuño do 2006. Dende entón, hai outras páxinas (como GameSpy), que abdicáronse ao soporte multixogador de Age of Empires II.
Actualmente pódese xogar en liña a través de Steam co remaster Age of Empires II: HD Edition.
As partidas multixogador tamén poden ser gardadas, aínda que para restauralas é precisa a presenza de todos os xogadores orixinais involucrados nela.
Campañas
As campañas consisten nunha serie de escenarios de dificultade crecente, que representan os principais acontecementos na vida dun famoso personaxe histórico ou unha batalla transcendental. O obxectivo é cumprir cos obxectivos dos escenarios que se van presentando durante a campaña. As campañas, polo xeral, comezan cunha cantidade fixa de recursos existentes, edificios e unidades xa creadas, evitando así o laborioso proceso de construción dunha nación do nada. No xogo inclúense as seguintes campañas:
William Wallace: Conta a loita dos escoceses contra a invasión inglesa dende uns humildes orixes. Funciona como tutorial: Marchar e loitar. Alimentar ao exército. Adestrar ás tropas. Desenvolvemento e tecnoloxía. A batalla de Stirling. Forxar unha alianza. A batalla de Falkirk. Xoana de Arco: Narra o enfrontamento entre franceses e ingleses na fase final da Guerra dos Cen Anos: Un improbable mesías. A doncela de Orleáns. A limpeza do Loira. A ascensión. O asedio de París. Un mártir perfecto. Saladino: As disputas entre cristiáns e musulmáns polo control de Terra Santa a finais do século XII, dende o lado sarraceno: Un cabaleiro de Arabia. Señor de Arabia. Os cornos de Hattin. O asedio de Xerusalén. ¡Jihad! O león e o demo. Xenxis Khan: Relata os avatares do pobo mongol para forxar o imperio de terra continua máis grande da Historia: Crisol. Unha vida de vinganza. Cara China. A horda viaxa ao Oeste. A promesa. Paz mongol. Barbarroxa: A loita de Frederico Barbarroxa, emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico, por manter o control do seu vasto territorio: O sacro emperador romano. Henrique o León. O Papa e o Antipapa. A Liga Lombarda. A marcha de Barbarroxa. O emperador dormente.
Civilizacións En Age of Empires II: The Age of Kings, o xogador pode elixir entre 13 civilizacións. Cada unha ten un perfil diferente, con fortalezas e debilidades propias baseadas no modelo real das civilizacións. Cada civilización ten tamén unha unidade única e guerreiros con nomes máis ou menos historicamente precisos. As civilizacións, ordenadas segundo os seus estilos arquitectónicos, son as seguintes:
GrupoEuropa OccidentalEuropa CentralMedio OrienteExtremo OrienteCivilizacións. Ingleses. Celtas. Francos. Godos. Teutóns. Viquingos. Bizantinos. Persas. Sarracenos. Turcos. Chineses. Xaponeses. Mongois.