miniatura|dereita|350px|Calocera viscosa miniatura|dereita|350px A Calocera viscosa ((Persoon) Fries, 1827; sin. Calocera flammea), os cornos de veado amarelos, é un pequeno cogomelo da clase Dacrymycetes, orde Dacrymycetales.
Caracterízase pola súa estrutura coraloide, pouco ramificada, diferente da típica dos cogomelos basidiomicetos; as últimas ramificacións rematan en puntas arredondadas, como dedos. É de cor laranxa brillante, avermellada, pero tamén amarelo ou branco, que destaca sobre a cor do substrato. A base é abrancazada e introdúcese varios centímetros no substrato. A textura é xelatinosa e viscosa ó tacto, así como a carne; sen olor nin sabor apreciables. O himenio recobre toda a superficie do corpo frutífero.
É relativamente común ó longo de todo o ano, pero especialmente no verán e outono. Crece sobre madeira en descomposición (tocóns, ramas e piñas) de coníferas, pero tamén sobre a procedente doutras árbores, en individuos illados ou formando grupos. Pode acadar os 3–5 cm de altura.
Non é comestible se ben non se ten certeza de que conteña principios tóxicos. En ocasións foi cultivada como planta decorativa.
Pódese confundir con Clavulinopsis corniculata, que crece sobre o chan e é de consistencia fráxil, mentres que a Calocera viscosa faino sobre madeira e é viscosa e xelatinosa.
Notas
Véxase tamén Bibliografía MARCOTE, J. M. C., POSE, M., e TRABA, J. M.: Cogomelos de Galicia, Xunta de Galicia, 2009.
Ligazóns externas
Ficha en Mycobank Ficha en Index Fungorum
Categoría:Fungos de Galicia Categoría:Calocera