miniatura|dereita|350px|Un exemplar nos arrecifes de coral do Mar Vermello Os escáridos (Scaridae, Rafinesque 1810), tamén chamados peixes papagaios son unha familia de peixes mariños tropicais incluída na suborde Labroidei, da orde dos Perciformes. O nome procede do grego σκάρος skáros, que significa saltar, debido á súa capacidade para saltar e golpear coa cola.
Morfoloxía Presentan unha dentición particular, formada por numerosos dentes agrupados nun paquete compacto cunha estrutura que lembra á do peteiro dun papagaio, á que deben o nome común de peixes papagaios. Esta especie de pico sérvelles para roer o coral e as rochas, pois se alimentan das algas que se fixan nestes soportes, ademais dos pequenos invertebrados que poidan agocharse entre as ramas do coral.
Na aleta dorsal teñen 9 radios espiñosos e 10 brandos. Na anal, 3 e 9 respectivamente. Na caudal, 11 radios ramificados.
Hábitat e bioloxía A maioría son especies tropicais, que viven en arrecifes de coral do mar Vermello, océano Atlántico, Índico e Pacífico.
Parece ser común o cambio de sexo, cunha fase inicial formada por machos e femias e unha fase terminal como machos, na que adquiren as cores brillantes.
Pola cor vistosa que adoitan ter estes peixes, son moi apreciados para a súa cría en acuarios, se ben o seu mantemento é realmente difícil, de lento crecemento.
Taxonomía A familia divídese en 10 xéneros cunhas 90 especies. Xénero Bolbometopon Xénero Calotomus Xénero Cetoscarus Xénero Chlorurus Xénero Cryptotomus Xénero Hipposcarus Xénero Leptoscarus Xénero Nicholsina Xénero Scarus Xénero Sparisoma
Véxase tamén
Ficha en FishBase Ficha en World Register of Marine Species
Categoría:Labroideos