La Noche foi un semanario editado en Vigo entre 1915 e 1916.
Historia e características Apareceu en xullo de 1915. Estaba dirixido por Adolfo Gregorio Espino. Cualificado como órgano dos mauristas vigueses,El Noroeste, 19-7-1915, p. 2. incluíu información xeral de Vigo, do movemento agrario e da situación política en España. En xuño de 1916 encargouse da dirección Emilio Sías.La Región, 21-6-1916, p. 3. Apareceron artigos sobre os Xogos florais celebrados no Teatro Circo Tamberlick, patrocinados por Juan Barcia Caballero, e a festa na honra da Virxe da Rocha. Contou con destacados ilustradores e colaboradores literarios como Hipólito Reguenga, e no apartado gráfico, incluíu imaxes de Pacheco, Sarabia, Ksado e Granada.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia de Pontevedra
Categoría:Prensa escrita de Vigo Categoría:1915 en Galicia