O vodú é unha relixión politeísta orixinaria do golfo de Benín e que se estendeu ao Caribe a través da trata de escravos.
Historia Nado en Dahomey, saltou ao Caribe coa trata de escravos africanos. Foi unha relixión perseguida, polo se recubriu do culto católico aos santos e así permaneceu durante séculos ao longo das diferentes etapas políticas de Haití. Non foi ata 1986 que foi legalizado pola Constitución."Vodoo and politics in Haití" Laguerre M.S. MAcmillan Press,1989.
Crenzas Existe unha deidade suprema xemelga"Le vaudou" Laënnec Hurbon, ed Gallimard 1994 París., Wamu-Lisa, pero non recibe culto. Quen o reciben son os lwa ou loa, xenios sobrenaturais (Legba, Ogu, Barón samdi, Ezili freda, Primo azaka, Mamá Brigitte etc.) que serven de intermediarios entre a parella suprema Wamu-lisa e a humanidade, tendo cada un deles unha "personalidade" diferente e múltiples modos de ser louvados (por cancións, bailes, símbolos rituais etc.). Non existe unha estrutura relixiosa homoxénea con dogmas e os sacerdotes vodú o ("ougan", homes; ou mabo, mulleres) teñen a función de pórse en contacto cos loas.
Os lwa ou loa aparecen reagrupados en familias chamadas "nacións", divididas en diversos ritos; cada rito distínguese por un cerimonial particular con saúdos, oracións, aclamacións, bailes, instrumentos musicais e certos animais para o sacrificio: Rito Rada: espíritos de Dahomey considerados como lwa bos ou loas de Guinea, constituíndo o rito principal do vodú polo que as cerimonias de iniciación fanse de acordo con el. Rito Petro: os loa deste rito proveñen da súa maioría dos escravos integrados na República Dominicana e son especialmente vingativos e usados en prácticas máxicas, chamadas loa amargos. A este rito que rexe o elemento do lume, pertencen Ogu Feray; igualmente pertencen outros loa Rada e Kongo no seu aspecto violento. Rito Kongo: corresponde ós loa de orixe bantú, menos populares que os Rada e que son recoñecidos polo sacrificio canino e pola exuberancia dos sacrificios.
A clasificación dos loa nos ritos non é moi estrita e hai ritos secundarios que se asocian aos xenios doutro rito; de aí que non todos os loa teñan a mesma importancia. Existe unha xerarquía, un lwa considerado como xefe: Legba, ou Papá Legba (coñecido en Cuba como Elegba' ou Ogu e en Brasil Eshu), abrindo o camiño dos lwa aos humanos. Situado xerarquicamente despois de Legba aparece Ogu o vermello, seguido de Barón samedi.
Existe tamén un culto aos defuntos (a quen teñen que coidar pola paz dos vivos así como servir de conselleiros e dar coñecementos sobre plantas ou conceder riqueza) e aos xemelgos, que teñen gran poder pola súa identificación co deus andróxino Mawu-Lisa.
Prácticas Fanse reunións nos templos onde se levan a cabo cerimonias de contactos cos loa para poder seren protexidos por eles. Ofrécense sacrificios cruentos e báilase ao ritmo dos tambores sagrados; neste bailes as persoas que entran en transo dise que son "cabalgados" por un loa e isto é signo do éxito da cerimonia.
Sen a protección dos loa o home atópase a mercé de varias forzas espirituais que lle poden facer dano.
Arte vodú O vodú comezou a expresarse coa arte a través da danza, a literatura (mitoloxías) e a pintura haitiana. En 1906 Antoine Innocent úsao de modo positivo nunha novela (Mimola) e nos anos 50 Jacques Stephen Alexis no seu libro Les arbres musicians evoca unha atmosfera de misterio. En 1988 René Depestre obtivo o premio Renaudot con Hadriana de tous mes rêves.
Nas pinturas relixiosas vodú tiveron unha grande influencia as cromolitografías católicas na elección de cores, tonalidades e harmonía das cores, pero os vèvè (símbolos dos loa feitos con fariña ou borra do café) son elementos básicos do vodú e parecen ter unha acción máis determinante na pintura haitiana. Na liturxia vodú cada cor representa un loa (Legba o vermello, Zaka o azul, Barón Samedi o negro e o violeta, Dambala o branco etc.) á parte de ter un significado propio e a pintura sofre esa influencia. Por outra banda as liñas teñen un valor cósmico: a horizontal é a materia, a cruz o encontro do espírito e a materia signo de Legba e Xesús e a circunferencia símbolo de Dambala e do home que se converte no centro de todo.
Nas chamadas artes aplicadas, fanse figuras dos loa a partir de metais recortados con siluetas, así como a decoración dos templos (oufó) con pinturas de vèvè e de santos católicos (que en realidade son loas), así como os motivos xeométricos que inzan toda a superficie dos poteau-mitan.
Glosario Asson: marca da sacerdotisa (manbo) ou sacerdote (ougan) feita dunha cabaza oca con sementes e vértebras de cobra dentro. Bòkò: outro dos nomes dos sacerdotes vodú. Dessounen: ritos de desligamento do iniciado do seu loa'' protector unha vez morto o crente. Govi: cántaro que contén espíritos. Gwo-bon anj ou Grande Anxo Bo: unha das dúas "almas" dunha persoa. Lwa ou Loa: espírito do culto vodú. Loa rasin: espírito familiar. Manjé-Iwa: cerimonia do vodú na que se fan ofrendas de comida e bebida ós espíritos. Oufò: templo vodú.
Notas
Categoría:Relixións tradicionais africanas Categoría:Relixións étnicas Categoría:Relixións politeístas