Matthew Boulton, nado en Birmingham o 3 de setembro de 1728 e finado o 18 de agosto de 1809, foi un comerciante e industrial de Birmingham, que herdou un negocio de pezas de vestir.
Traxectoria Asociouse con James Watt, inventor da máquina de vapor, fabricando a primeira máquina e creou as plantas Soho, cerca de Birmingham. Boulton ingresou na Royal Society o 24 de novembro de 1785.
Tamén foi un dos piares da Sociedade LunarO nome da sociedade proviña da súa práctica de organizar as súas reunións en noites de lúa chea. Posto que non había iluminación nas rúas, a luz lunar nas rúas facía máis fácil e máis seguro o camiño de volta a casa., que reunía aos industriais, inventores e científicos. Entre os que asistían máis ou menos periodicamente ás reunións figuraron Erasmus Darwin, James Keir, Joseph Priestley, Josiah Wedgwood, James Watt, John Whitehurst e William Withering.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Ceca de Soho
Bibliografía
Eidlitz, Robert James (1928). Medallic Portraits of Matthew Boulton and James Watt. Nova York.
Categoría:Nados en Birmingham Categoría:Nados en 1728 Categoría:Finados en 1809 Categoría:Inventores do Reino Unido Categoría:Membros da Royal Society