Wreck-It Ralph é un filme de animación estadounidense de Walt Disney Pictures dirixido por Rich Moore que se estreou no 2012.

O primeiro título da franquía Wreck-It Ralph, a súa secuela Ralph Breaks the Internet, foi estreada o 21 de novembro de 2018.

Sinopse Durante trinta anos, Ralph viviu á sombra de Fix-It Felix Jr., o heroe do seu videoxogo. Canso de ser o malo da historia, Ralph decide tomar o asunto polas súas propias e xigantes mans, e lánzase nunha viaxe a través dos distintos mundos e xeracións de videoxogos para demostrarlle ó mundo que el tamén pode ser un heroe.

Personaxes John C. Reilly como Wreck-It Ralph, o malo de Fix-It Felix, Jr. Sarah Silverman como Vanellope von Schweetz, piloto/glitch de Sugar Rush Jack McBrayer como Fix-It Felix, Jr., o heroe de Fix-It Felix, Jr. Jane Lynch como Sarxento Tamora Jean Calhoun, personaxe principal de Hero's Duty Alan Tudyk como Rei Candy Mindy Kaling como Taffyta Muttonfudge, piloto de Sugar Rush Joe Lo Truglio como Markowski Ed O'Neill como Mr. Litwak Dennis Haysbert como Xeneral Hologram Edie McClurg como Mary Raymond Persi como Maior Gene Jess Harnell como Don Rachael Harris como Deanna Skylar Astin como Roy Adam Carolla como Wynnchel Horatio Sanz como Duncan Maurice LaMarche como Root Beer Tapper, o camareiro de Tapper Stefanie Scott como Moppet Girl John DiMaggio como Beard Papa Rich Moore como Sour Bill, subordinado do Rei Candy Katie Lowes como Candlehead, piloto de Sugar Rush Jamie Elman como Rancis Fluggerbutter, piloto de Sugar Rush Josie Trinidad como Jubileena Bing-Bing, piloto de Sugar Rush Cymbre Walk como Crumbelina DiCaramello, piloto de Sugar Rush Tucker Gilmore como o comentarista de Sugar Rush e a Tartaruga Brandon Scott como Kohut, a soldier in Hero's Duty Tim Mertens como Dr. Brad Scott Kevin Deters de Clyde de Pac-Man Gerald C. Rivers como M. Bison de Street Fighter Martin Jarvis como Saitine, a devil-like villain who attends the Bad-Anon support group Brian Kesinger como Cyborg (baseado en Kano de Mortal Kombat) Roger Craig Smith como Sonic the Hedgehog Phil Johnston como Surge Protector, seguridade da Game Central Station Kyle Hebert como Ryu de Street Fighter Reuben Langdon como Ken Masters de Street Fighter Jamie Sparer Roberts como Yuni Verse de Dance Dance Revolution

Galardóns e nomeamentos 2012: Oscar: Nomeado a mellor filme de animación. 2012: 5 Premios Annie, incluíndo mellor película. 10 nomeamentos. 2012: Critics Choice Awards: Mellor filme de animación. 2012: Globos de Ouro: Nomeado a Mellor filme de animación. 2012: Satellite Awards: Nomeado a Mellor longametraxe de animación. 2012: National Board of Review (NBR): Mellor longametraxe de animación. 2012: Producers Guild of America (PGA): Mellor filme de animación.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en BoxOfficeMojo

Categoría:Cinema de animación Categoría:Filmes de 2012 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de 2012 en 3D Categoría:Filmes dirixidos por Rich Moore Categoría:Filmes de Walt Disney Pictures Categoría:Filmes sobre nenos