miniatura|Xudeu ortodoxo provisto de Kipá, Talit gadol e tefilín, preparándose para un servizo nunha sinagoga. O xudaísmo ortodoxo é unha das grandes pólas da relixión xudía na actualidade, xunto co xudaísmo conservador ou masortí e o xudaísmo reformista. Distínguese delas pola súa adhesión rigorosa á Halajá. Carece dunha autoridade doutrinal central permitindo certa variación na práctica.
Segundo a súa actitude cara a cultura contemporánea, o xudaísmo ortodoxo divídese informalmente en xudaísmo ortodoxo moderno, que busca adecuar ata algún punto as súas prácticas e estudos á situación social contemporánea, e o xudaísmo haredí, que rexeita toda innovación que os seus líderes consideren contraria ó espírito da Torá.
As divisións doutrinais neste senso non se fixaron ata arredor do século XVIII, no que baixo o influxo da Ilustración, certos sectores da comunidade xudía rexeitaron a segregación imposta polas prácticas relixiosas convencionais e buscaron integrarse —malia o daquela dominante antisemitismo— nas comunidades nacionais. O rexeitamento a este movemento definiu a ortodoxia.Xudaísmo ortodoxo . MediterráneoSur.com A ortodoxia é un movemento creado no século XIX en contra dos rabinos e dirixentes que ensaiaban xeitos de combinar xudaísmo e modernidade.
Crenzas O xudaísmo ortodoxo basea as súas crenzas nos "Trece principios de fe" de Maimónides:
A existencia de Deus A singularidade e unidade de Deus A natureza espiritual e abstracta de Deus A eternidade de Deus A revelación polos seus profetas Moisés é o maior e principal profeta Deus entregou a Lei no monte Sinaí Esta Lei non pode ser cambiada Deus coñece os futuros actos humanos Deus recompensa a bondade e castiga a maldade Deus mandará a un Mesías Deus resucitará ós mortos
Notas
Véxase tamén
Categoría:Xudaísmo