O FC Argeș Pitești é un equipo de fútbol romanés, da cidade de Piteşti, en Argeș. Actualmente xoga na segunda división romanesa.

Historia Na rexión de Argeș o primeiro equipo de fútbol foi o Campulung Muscel, fundado en 1915, e o primeiro na cidade de Piteşti o Sageata, fundado en 1921, a este seguírono o Macaby (1923), o Triumf (1923), o Trivale (1923) e o Victoria i Sportivă Piteşti (1924).

O 15 de agosto de 1926 creouse o Sporting Club Pitesti, que sería o equipo máis importante ata a segunda guerra mundial.

O Argeș Piteşti foi fundado en 1953 co nome de Dinamo Pitești, confirmado cunha orde do Ministerio do Interior o 6 de agosto de 1953, entrando en competición co outro club da cidade, o Sporting Piteşti. Debutou na Primeira División Romanesa no ano 1961 e foi un dos equipos máis importantes na década de 1970, gañando dous campionatos nacionais

Evolución do nome 1953: Dinamo Piteşti 1968: FC Argeş Piteşti 1994: FC Argeş Dacia Piteşti 2002: FC Argeş Piteşti

Palmarés Primeira División de Romanía (2): 1972 e 1979 Segunda División de Romanía (4): 1961, 1963, 1994 e 2008. Terceira División de Romanía (1): 2017 Cuarta División de Romanía (1): 2012

Xogadores históricos miniatura|150px|Adrian Mutu Paul Codrea Dănuţ Coman Nicolae Dică Nicolae Dobrin Adrian Mutu Valentin Năstase Adrian Neaga

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial

Arges