Fernando Cortés Bugía, nado en Betanzos o 15 de decembro de 1874 e finado na Coruña o 25 de marzo de 1948, foi un pintor, escultor e debuxante galego.
Traxectoria miniatura|De pé, de esquerda a dereita: Sebastián González, Eladio Rodríguez González, Enrique Peinador, Gonzalo López Abente, Pura González Varela (muller de Lugrís), Celia Brañas, Otero Pedrayo, David Fernández Diéguez, Ángel del Castillo e Fernando Cortés Bugía. Sentados: Fernando Martínez Morás, Castelao, Manuel Lugrís Freire, Antón Villar Ponte e Félix Estrada Catoyra.Recepción de Castelao na Real Academia Galega na Coruña o 25 de xullo de 1934. Ingresou na Escola de Artes e Oficios da Coruña, onde foi discípulo de Román Navarro e Isidoro Brocos. En 1907 converteuse en auxiliar meritorio. En 1916 obtivo a praza de profesor de ascenso, de modelaxe e baleirado, e en 1921, a de profesor de termo da escola. O 30 de abril de 1931 ascendeu a director do centro e a honorario deste en 1945, ano no que se xubilou. Ilustrou libros, álbums e programas de festas e colaborou en La Voz de Galicia debuxando temas de actualidade e paisaxísticos.
En 1909 foi nomeado membro correspondente da Real Academia Galega e o 27 de xullo de 1941, numerario. Pertenceu á Real Academia de Belas Artes Nuestra Señora del Rosario da Coruña e á Comisión Provincial de Monumentos.
Membro da agrupación socialista da Coruña, foi elixido concelleiro en 1913, pero renunciou ao cargo unha semana despois do seu nomeamento.
Galería de imaxes
Obras É autor dos bustos de Eduardo Pondal e Manuel Murguía, emprazados nos xardíns de Méndez Núñez coruñeses; as placas de Emilia Pardo Bazán (A Coruña), Manuel Lugrís Freire (Sada) e Leiras Pulpeiro (Mondoñedo). Tamén da placa conmemorativa dos irmáns García Naveira, en Betanzos.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Reproducido en Anuario Brigantino: n.º 2 (1949) pp. 82-83. [Ignacio Pérez Vázquez]: "CORTÉS BUGÍA, Fernando" en Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada.
Outros artigos Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso
Ligazóns externas Cortés Bugía, Fernando no Museo de Belas Artes da Coruña.
Categoría:Nados en Betanzos Categoría:Nados en 1874 Categoría:Escultores de Galicia Categoría:Membros de número da Real Academia Galega Categoría:Finados en 1948 Categoría:Pintores de Galicia do século XX Categoría:Ilustradores de Galicia