Francisco Neira León, ou Francesc Neira, nado en Muíños en febreiro de 1953, é un mecánico, sindicalista e político galego que desenvolveu a súa vida profesional e política en Cataluña.

Traxectoria Con dez anos emigra coa súa familia a Barcelona. En 1971 empeza a traballar como mecánico na empresa MACOSA, onde se mantivo activo ata 1982. En 1974 afiliouse ao PSC (a póla catalá do PSOE) e á UGT, e en 1979 foi nomeado secretario xeral da sección de Metal da UGT de Cataluña. Como tal, tamén é membro do Comité Federal UGT-Metal.

Foi elixido deputado do PSC-PSOE pola provincia de Barcelona nas Eleccións Xerais 1982 en EspañaFicha do Congreso dos Deputados, e foi vogal da Comisión de Investigación da Evolución e Situación do grupo Rumasa. Revalidou o escano nas eleccións de 1986,Ficha do Congreso dos Deputados 1989Ficha do Congreso dos Deputados e 1993.Ficha do Congreso dos Deputados, e durante estas todas lexislaturas foi membro da Comisión de Economía, Comercio e Facenda e da Comisión de Política Social e Traballo.

En 1988 licenciouse en dereito e ocupouse de dirixir o gabinete xurídico da UGT. Tamén foi membro do consello nacional do PSC-PSOE, da Fundación Rafael de Campalans e representante dos sindicatos no Consello da Cidade de Barcelona.

Vida persoal Está casado e ten tres fillos"Quién es quién en el nuevo Congreso de los Diputados (II). Una Cámara muy poco femenina", ''ABC, 19/11/1982, p. 34-37..

Notas

Categoría:Políticos do PSC Categoría:Deputados do Congreso dos Deputados polo PSOE Categoría:Sindicalistas da UGT Categoría:Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados Categoría:Galegos de Cataluña Categoría:Nados en Muíños Categoría:Nados en 1953