Valhalla Rising é un filme dinamarqués-escocés dirixido por Nicolas Winding Refn que se estreou no 2009. O filme ten lugar arredor do ano 1000 e segue a historia dun guerreiro nórdico chamado Un-ollo e un rapaz que viaxan cun grupo de cruzados cristiáns cara a Terra Santa. Porén, atópanse nunha terra descoñecida asolados por forzas invisibles e visións. O filme foi rodado completamente en Escocia. O título procede da mestura de Scorpio Rising e Lucifer Rising coa temática viquinga. Malia que tivo unha boa acollida por parte da crítica, a recadación apenas foi unha fracción dos custos de produción.

Sinopse Un-ollo (Mads Mikkelsen), un enigmático guerreiro de gran forza que foi escravizado durante anos, mata ó seu amo e logra escapar coa axuda dun neno ó cal leva consigo. Tras enrolarse nun barco viquingo, emprenden unha viaxe que os leva a unha terra descoñecida, onde reinan a dor e o sangue.

Personaxes miniatura|300px|Escena con Mads Mikkelsen (axeonllado). Mads Mikkelsen como Un-ollo Maarten Stevenson como o Rapaz Ewan Stewart como o Xeneral Gary Lewis como o Sacerdote Alexander Morton como o Xefe Jamie Sives como o Fillo Gordon Brown como Viquingo Gary McCormack como Viquingo

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha e RottenTomatoes

Categoría:Filmes de 2009 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes de Escocia Categoría:Filmes de Dinamarca Categoría:Filmes dirixidos por Nicolas Winding Refn Categoría:Filmes de Nimbus Film Categoría:Filmes rodados en Escocia Categoría:Filmes ambientados en Escocia Categoría:Filmes ambientados en América do Norte Categoría:Filmes ambientados no século X Categoría:Filmes ambientados na era viquinga Categoría:Filmes baseados na mitoloxía nórdica