O termo hábitat pode ter varias acepcións: O Hábitat, en ecoloxía, é o conxunto local de condicións xeofísicas nas que se desenvolve a vida de calquera especie de ser vivo. O concepto de Hábitat humano é o que se emprega na ecoloxía humana e sobre todo en urbanismo, unha extensión por analoxía do concepto ecolóxico de hábitat. Refírese ao conxunto de factores materiais e institucionais que condicionan a existencia dunha poboación humana localizada. En arquitectura o termo emprégase tamén para referirse ás condicións que a organización e o acondicionamento do espazo interior dun edificio, residencial ou de traballo, ofrecen aos seus habitantes. Habitat espacial é un ambiente autocontido que permite a vida con algún grao de permanencia no espazo fóra da Terra (exemplo: nunha estación espacial). Habitat, unha cadea de tendas de mobles fundada na década dos 60 por Terence Conran.
Źródło i licencja
Na podstawie: Wikipedia — Hábitat (homónimos) · historia autorów.
Tekst: CC BY-SA 4.0.
Informacja o opracowaniu
Usunięto składnię wiki i szablony; dłuższe teksty skrócono.