Boston é a capital do estado de Massachusetts, nos Estados Unidos e sede do condado de Suffolk. Ten 620.535 habitantes, que chegan ata os case 7,1 millóns de habitantes na súa área metropolitana. Fundada polos ingleses en 1630, converteuse no principal centro cultural da América do Norte Británica. Os ingleses retiráronse en 1776 despois de varias revoltas, como a famosa "Boston Tea Party". Durante os séculos XIX e XX tornouse un centro industrial de grande importancia, atraendo inmigrantes de todo o mundo, en especial de Irlanda. Boston e a súa área metropolitana son un dos principais puntos educativos dos Estados Unidos, onde destacan institucións de educación superior tales como a universidade de Harvard e o MIT (Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts). Nesta cidade naceu o coñecido escritor Edgar Allan Poe.
Historia
miniatura|esquerda|A Casa do Antigo Estado (Old State House) do século XVIII en Boston, rodeada de edificacións dos séculos XIX e XX. Nun país cunha historia tan recente, Boston é unha das cidades máis antigas e que, con Nova York e San Francisco, poden considerarse como as máis europeas. Boston foi fundada o 17 de novembro de 1630 por colonizadores puritanos provenientes de Inglaterra, chamados os peregrinos patriarcas, na península de Shawmut, así nomeada polos amerindios que a habitaban. Esta península conectábase co continente por un estreito istmo, bordeado por augas da baía de Massachusetts e a Back Bay, esteiro do río Charles. Os primeiros poboadores europeos bautizaron esta área co nome de Trimountaine (tres montañas), pero logo foi rebautizada en homenaxe ao pobo inglés de Boston (Lincolnshire), do cal moitos dos colonizadores eran orixinarios. A maioría dos seus primeiros habitantes foron puritanos. O primeiro gobernador da Colonia da baía de Massachusetts, chamado John Winthrop, proclamou un famoso discurso titulado "A cidade sobre o outeiro" (en inglés: City upon a Hill) que, inspirado no libro bíblico do Éxodo expresaba a súa convicción de que Boston gozaba dunha especial relación con Deus, e que influiría na posterior consciencia de que os Estados Unidos ten unha especial misión histórica encomendada polo mesmo Deus. Winthrop tamén promoveu e asinou cos habitantes orixinais o Acordo de Cambridge que foi determinante para a creación da cidade.
A ética puritana moldeou unha sociedade estable e estruturada en Boston. Por exemplo, pouco despois do seu poboamento, os puritanos fundaron en 1635 a primeira escola pública dos Estados Unidos, a "Boston Latin School" e a primeira universidade en 1636, a famosa Harvard. O traballo, a correcta moralidade e a énfase na educación continúan facendo parte da cultura bostoniana. Boston foi até a década dos 1760s a cidade máis grande, rica e influente dos Estados Unidos.
Esta paixón pola cultura e a educación convertérona nunha das cidades co maior índice de emprego do país, así como un dos niveis de vida máis altos do mundo. Con todos estes precedentes é un dos lugares máis interesantes dos E.U.A. lonxe dos tópicos sobre este país. En Boston pódense atopar todo tipo de lugares de interese, como o Fine Arts Museum ou o Boston Common. Este último é o parque máis antigo dos E.U.A.
Durante os primeiros anos da década dos 1770, a intención de Gran Bretaña de manter o control sobre as Trece Colonias por medio de impostos deu inicio á Guerra da Independencia dos Estados Unidos. Batallas como o masacre de Boston, o Motín do té en Boston e moitas outras, ocorreron nos arredores da cidade ou na súa veciñanza, como a batalla de Lexington e Concord, a batalla de Bunker Hill e o Sitio de Boston. Foi durante este período cando Paul Revere facía as súas famosas "percorridas nocturnas".
Pasada a revolución, Boston converteuse rapidamente nun dos portos internacionais máis ricos do mundo, debido a que era o porto estadounidense máis grande e próximo a Europa. Nas exportacións predominaba o ron, o peixe, a sal e o tabaco. Durante este tempo, as familias tradicionais de Boston empezaron a ser catalogadas como a elite social e cultural dos Estados Unidos e chegarían a ser coñecidas como os brahmanas de Boston. Para mediados dos anos 1800 a manufactura industrial da cidade excede ao comercio internacional en importancia económica. Até os primeiros anos da década de 1900, Boston permaneceu como un dos máis importantes centros manufactureiros da nación americana, en particular pola súa produción de teas, produtos en coiro e maquinaria industrial. A rede de pequenos ríos arredor da cidade, que a conecta co resto da rexión, facilitou o transporte de mercadorías e permitiu a proliferación de fábricas. Logo creouse unha vasta infraestrutura para ferrocarril, que impulsou aínda máis a industria e o comercio. De mediados a finais do século XIX, Boston floreceu culturalmente e chegou ser coñecida pola súa cultura literaria e artística. Tamén foi pioneira no movemento abolicionista da escravitude.
Xeografía miniatura|esquerda|Boston vista dende o espazo. 240px|miniatura|O parque Boston Commons visto dende o Prudential Skywalk Observatory, no 50ª andar da Prudential Tower.Prudential Skywalk Observatory . Debido á súa temperá fundación, a cidade de Boston é moi compacta. Segundo a Oficina do Censo dos Estados Unidos, a cidade ten unha superficie total de 232,1 km², sendo 125,4 km² de terra firme (54,0%) e 106,7 km² (46,0%) de auga. Boston é a cuarta cidade máis densamente poboada do país entre aquelas que son cabeceiras dalgunha grande área metropolitana.Tras Nova York, San Francisco e Chicago. Moitas cidades, como Paterson, Nova Jersey, son máis densas, pero son satélites dentro dunha grande área metropolitana doutra cidade maior. Das cidades estadounidenses con máis de 600.000 habitantes, só San Francisco é menor en área terrestre. Boston está rodeada pola rexión do "Greater Boston" (Gran Boston) e polas cidades de Winthrop, Revere, Chelsea, Everett, Somerville, Cambridge, Watertown, Newton, Brookline, Needham, Dedham, Canton, Milton e Quincy. O río Charles separa a cidade propiamente dita de Boston das cidades de Cambridge e Watertown, e do barrio de Charlestown, que si pertence a Boston. Ao leste atópase o porto de Boston e a área de Lecer Nacional das Illas do porto de Boston. O río Neponset forma os límites entre os barrios do sur de Boston e as cidades de Quincy e Milton. O río Mystic separa Charlestown de Chelsea e Everett; Chelsea Creek e o porto de Boston fan o propio entre o leste da cidade e o seu centro.Kings Chapel Burying Ground, USGS Boston South (MA) Topo Map A altura oficial de Boston, medida no Aeroporto Internacional Logan, é de 5,8 metros sobre o nivel do mar. O punto máis alto é Bellevue Hill, a 101 metros sobre o nivel do mar.Bellevue Hill, Massachusetts
Gran parte da Back Bay e os barrios do South End están construídos sobre terreos gañados ao mar utilizando material de recheo para crear a nova terra. Só o outeiro Beacon Hill, o máis pequeno dos tres outeiros orixinais en Boston, conserva aínda boa parte do seu feitío orixinal. A área do centro e os seus arredores inmediatos consisten en edificios de baixa altura de ladrillo ou pedra e edificios antigos de estilo federal. Varios deses edificios mestúranse con outros modernos, especialmente nas zonas do distrito financeiro, Government Center, South Boston e Back Bay, que inclúe varios edificios notables como a Biblioteca Pública de Boston, o Centro de Ciencia Cristiá, Copley Square, Newbury Street e os dous edificios máis altos de Nova Ingleterra: a torre John Hancock e o Prudential Center. miniatura|240px|Boston, vista da chamada Back Bay, a baía traseira, na desembocadura do río Charles co centro de Boston detrás. A torre azul á esquerda é o rañaceos John Hancock e o rañaceos á dereita é a Prudential Tower. Preto da torre John Hancock atópase o antigo edificio John Hancock co seu destacado faro meteorolóxico que indica coas súas cores o tempo que se aproxima á cidade. As pequenas áreas comerciais están intercaladas con vivendas para unha ou varias familias, de madeira ou pedra. Actualmente, o distrito Histórico do sur (South End Historic District) segue sendo o barrio sobrevivente máis grande da época vitoriana en todo Estados Unidos. Xunto co centro, na xeografía do sur de Boston salienta especialmente un gran túnel proxectado coñecido como "Big Dig". A inestable terra recuperada no sur de Boston expón problemas especiais para proxectos de túneles. No centro da cidade, o proxecto permitiu a eliminación da antiestética arteria central elevada e a incorporación de novos espazos verdes e zonas abertas.
Boston Common, situado preto do distrito financeiro e Beacon Hill, é o parque público máis antigo dos Estados Unidos.Boston Common Xunto cos Xardíns Públicos de Boston adxacentes, forma parte da Emerald Necklace, que é unha serie de parques deseñados por Frederick Law Olmsted para rodear a cidade. Jamaica Pond, en Emerald Necklace, é a maior concentración de auga doce na cidade. Outro parque notable é Esplanade, situado entre as beiras do río Charles. O Hatch Shell, unha sala de concertos ao aire libre, atópase xunto ao Esplanade. Outros parques localízanse dispersos por toda a cidade, cos principais parques e praias situados preto de Castle Island; en Charlestown; e ao longo das costas de Dorchester, South Boston e East Boston.
Barrios
Boston é tamén coñecida como a "cidade dos barrios" debido á gran cantidade de barrios que a compoñen. En total hai vinte e un barrios oficiais na cidade: Allston/Brighton, Back Bay, Bay Village, Beacon Hill, Charlestown, Chinatown/Leather District, Dorchester, Downtown/Financial District, East Boston, Fenway/Kenmore, Hyde Park, Jamaica Plain, Mattapan, Mission Hill, North End, Roslindale, Roxbury, South Boston, South End, West End e West Roxbury.
Estes son os máis importantes:
Back Bay:Cheo dunha grande arquitectura, con casas vitorianas, clásicas ou góticas. Posúe grandes avenidas arboradas con edificios elegantes e unha gran variedade de tendas de moda, de antigüidades e galerías de arte.
Beacon Hill: É o barrio residencial máis elegante de Boston. Reflicte o encanto vitoriano dos séculos XVIII e XIX, e coas súas árbores, as súas beirarrúas de ladrillo e as súas lámpadas de gas. Aquí atópanse as mellores tendas de antigüidades, ao longo de rúas como Chestnut, Pinckney ou Beacon.
Charlestown: É un barrio principalmente irlandés. Pódese percorrer nun tranvía ou nun barco dende Long Wharf. Situado alén do porto.
Downtown Crossing: Zona peonil. É o paraíso dos afeccionados ás compras, con grandes almacéns como Filene´s y Macy´s. Preto atópanse zonas como Financial District ou Chinatown, terceira comunidade chinesa en importancia no país.
Newbury Street: Zona residencial moi elegante. Auténtica arquitectura do século XIX, con tellados de época, pequenos patios, miradoiros, xardíns. Abundan as residencias de tres ou catro andares. Tamén numerosos talleres de famosos deseñadores e xoieiros.
Faneuil Hall: Coñecido como o “berce da liberdade”. Posúe un conxunto arquitectónico formado por tres edificios do século XIX, restaurados e cheos de restaurantes e tendas. Ten moitos pubs, clubs nocturnos e artistas de rúa.
North End: Barrio residencial máis antigo de Boston. Combina o Vello Mundo co Novo Mundo. Edificios emblemáticos como a igrexa Old North Church ou a casa de Paul Revere. Cheo de pequenos restaurantes moi caseiros.
Waterfront: Situado na beira do río Charles. Ten infinidade de tendas, restaurantes e museos, como o Acuario de Nova Inglaterra ou o barco do Boston Tea Party. Zona principalmente irlandesa. Famoso tamén polas súas praias de City Point e Carson.
Cambridge: En realidade, Cambridge é unha cidade alén do río, aínda que moitos o consideran parte da cidade de Boston. Aquí sitúase a famosa Universidade de Harvard.
Clima 260px|miniatura|A praza Copley Square de Boston nun día asollado.