Manuel Regueiro Tenreiro, nado en Perbes (Miño) o 10 de maio de 1943 e finado en Lugo o 30 de maio de 2019,Necrolóxica en La Voz de Galicia, 2-6-2019, p. 44. foi un profesor, escritor e político galego.

Traxectoria Estudou o ensino secundario en Santiago de Compostela. Licenciado en Filosofía e Letras na Universidade de Salamanca, doutorouse en Filosofía na Universidade Complutense de Madrid. Foi profesor en Soria, Salamanca, Lugo, Ferrol, Vilalba (instituto do que foi director) e novamente en Lugo. Foi subdirector xeral de Inspección e Reforma Educativa (1988-1989) e director xeral de Política Lingüística (1989-2000). Foi director do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

Colaborou na publicación dos primeiros libros de texto en lingua galega: Introducción á Filosofía (Galaxia, 1979) e Historia da Filosofía (Galaxia, 1980). Foi fundador e membro do consello asesor da Revista Galega de Ensino.

Obras Modelo harmónico de relación lingüística: Estudio en Galicia, 1999. Ser cidadán, 2011. Con Miguel Ángel Martínez Quintanar. Saber convivir, 2011. Con Miguel Angel Martínez Quintanar.

Vida persoal

Casou con María Teresa Pérez González e foi pai de Francisco e Fernando Regueiro Pérez. Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha en galegos.info

Categoría:Nados en Miño Categoría:Nados en 1943 Categoría:Finados en 2019 Categoría:Profesores de educación secundaria