Sequoiadendron é un xénero de árbores pertencente á familia das Cupresáceas, tamén chamada Taxodiáceas. Este xénero ten unha soa especie, Sequoiadendron giganteum Buchh, a sequoia xiganteNome vulgar galego en Termos esenciais de botánica, Universidade de Santiago de Compostela, 2004; a través de Buscatermos da USC. Sequoaidendron giganteum é unha das tres especies de coníferas coñecidas como sequoias, clasificada na subfamilia das Sequoioideae, xunto con Sequoia sempervirens (a sequoia común) e Metasequoia glyptostroboides (a sequoia do alba ou metasequoia).

Descrición A sequoia xigante é o organismo vexetal máis grande do mundo en termos de volume total. Crece a unha altura media de entre 50 a 85 metros con de 5 a 7 de diámetro. Hai referencias de que existiron árbores de 94 metros de altura e máis de 11 de diámetro. A sequoia xigante máis vella coñecida, segundo o reconto dos seus aneis de crecemento, tiña 3.200 anos de idade.

En 2010 encontrouse unha sequoia de 105,5 metros de alto e 10 de diámetro de tronco cuxas raíces alcanzan aproximadamente os 35 metros.

A casca da sequoia é fibrosa e pregada, e pode ter 60 cm de groso na base do tronco, que ten forma de columna, o que lle proporciona unha protección significativa contra o lume. As follas son perennes, con forma de subela, de 3 a 6 mm de longo e dispostas espiralmente nos rebentos.

As sementes encóntranse en conos de conífera de 4 a 7 cm de longo e maduran en 18 a 20 meses, aínda que normalmente permanecen verdes e pechadas por ata 20 anos; cada cono ten de 30 a 50 tecas dispostas espiralmente, con varias sementes en cada teca, o que dá unha media de 230 sementes por cono. A semente é marrón escura, de 4 a 5 mm de longo e 1 de ancho, cunhas ás amarelo-marróns de 1 mm por cada lado. Algunhas sementes sóltanse cando as tecas do cono se encollen durante o tempo cálido a finais do verán, pero a maioría das sementes son liberadas cando o cono seca pola calor do lume ou o dano dun insecto.

left|150px|miniatura|Conos de sequoia xigante. A sequoia xigante rexenérase por sementes. As árbores novas empezan a producir conos á idade de 12 anos, e ata os 20 poden xerar brotes dos restos dunha cachopa. As sequoias xigantes de calquera idade poden brotar do tronco cando as ramas vellas se perden por rotura ou lume pero, a diferenza da sequoia común, as árbores maduras non brotan dos cortes das cachopas.

Nalgún momento da súa vida, unha árbore grande pode chegar a ter aproximadamente 11.000 conos. A parte superior da copa dunha árbore madura produce máis cantidade de conos cás súas partes máis baixas e estímase que pode dispersar de 300.000 a 400.000 sementes por ano; estas sementes aladas poden chegar ata a 180 metros de distancia da árbore orixinaria.

As ramas máis baixas morren bastante facilmente por mor da moita sombra, polo que os troncos das árbores maduras que viven en arboredos encóntranse xeralmente libres de ramas ata unha altura de 20 a 50 metros, pero as árbores solitarias e as de menos de 100 anos reteñen a maior parte das ramas baixas mortas.

Distribución

miniatura|Xeral Grant, Kings Canyon National Park A distribución natural da sequoia xigante está restrinxida a unha área limitada da parte occidental de Serra Nevada, California, que comprende un total de só 14.416 ha (144,16 km²). Non existen bosques formados soamente por exemplares desta especie, aínda que nalgunhas pequenas áreas chegan a formar case un bosque puro. Na parte setentrional encóntranse os dous terzos dos exemplares, do río dos Americanos no Condado de Placer contra o sur ao río dos Santos Reis, hai soamente oito arboredos desconectados. Aínda quedan arboredos meridionais concentrados entre o río dos Santos Reis e o Arboredo de Deer Creek no meridional Condado de Tulare. Os arboredos alcanzan un tamaño de 1.240 ha con 20.000 árbores maduras, ata pequenos arboredos con só seis árbores vivas, e moitos están protexidos nos parques nacionais de Kings Canyon National Park e Giant Sequoia National Monument.

A sequoia xigante encóntrase xeralmente nun clima húmido caracterizado por veráns secos e invernos con neve abundante. A maioría dos arboredos de sequoias xigantes áchanse en terras de base granítica, residuais e aluviais, a altitudes comprendidas entre 1.400 e 2.000 msnm no norte, e entre 1.700 e 2.150 ao sur.

A sequoia xigante encóntrase xeralmente na ladeira sur das montañas setentrionais, e na ladeira setentrional das serras máis meridionais.

Para manter a densidade de poboación actual serían necesarios uns altos niveis de reprodución, pero poucos arboredos teñen suficiente cantidade de árbores novas para manteren a densidade actual de sequoias xigantes maduras no futuro. A maioría das sequoias xigantes experimenta un descenso gradual na densidade dende a chegada dos colonos europeos.

Ecoloxía

As sequoias xigantes teñen dificultade para reproducirse no seu hábitat orixinal, e moi raramente se reproducen en cultivo, debido a que as sementes só pode crecer satisfactoriamente en solos ricos en minerais e con luz directa do sol, liberados de competiren co resto da vexetación. Aínda que as sementes poidan xerminar nun substrato húmido na primavera, estas plántulas morrerán coa seca do verán. Por tanto requiren dun incendio controlado periódico para baleirar o humus da vexetación competidora e coa rexeneración da terra poderen producir unha xerminación proveitosa.

miniatura|250px|right|Automóbil atravesando unha sequoia con forma de túnel. Os lumes traen tamén chorros de aire quente no alto do dosel forestal, mediante as correntes de convección, que secan e abren os conos. A subseguinte liberación de grandes cantidades de sementes coincide coas condicións óptimas de sementeiro posterior ao lume, xunto con cinza solta no solo que pode actuar tamén como cuberta para protexer as sementes caídas dos danos da radiación ultravioleta.

Sen o lume, a sombra das especies existentes excluirá aos novos sementeiros da sequoia, e as sementes non xerminarán. Cando hai un alcouve repleto de árbores, dado que requiren moita humidade, xeralmente se concentran cerca de correntes de auga.

Debido aos esforzos na supresión dos lumes e ao pastoreo de gando a principios e mediados do século XX, a baixa intensidade dos incendios que xa non se producían de forma natural en moitos arboredos e tampouco se dan na actualidade. A supresión dos lumes levou tamén ao acumulación de combustible no solo e o crecemento denso do abeto branco, moi sensible aos incendios, o que aumentou o risco de lumes máis intensos que poden utilizar aos abetos coma escalas para acadar as copas das sequoias xigantes maduras. Os lumes naturais poden ser tamén factores moi importantes para manter á formiga carpinteira baixo control.

En 1970 o Servizo Nacional de Parques dos Estados Unidos empezou queimas controladas de arboredos para corrixir estes problemas. As políticas actuais permítenlle tamén aos lumes naturais proseguir sen interrupcións. Un dos incendios incontrolados estragou severamente a segunda árbore máis grande do mundo, a árbore de Washington, en setembro de 2003, 45 días despois de empezar o lume, por mor do que non foi capaz de resistir a tormenta de neve de xaneiro de 2005, que causou o abatemento da metade do seu tronco.

Pero ademais do lume, hai tamén dous axentes animais que inflúen na liberación de gran cantidade de sementes da sequoia xigante. O máis significativo dos dous é un escaravello de cornos longos (Phymatodes nitidus) que pon os ovos nos conos, nos que as larvas abren furados, o que corta o abastecemento de auga vascular ás tecas do cono, facendo que os conos poidan secar e abrir e permitan caer as sementes. Os conos estragados polos escaravellos durante o verán, abrirán lentamente durante os meses seguintes. Algunhas investigacións indican que moitos conos, especialmente os situados no máis alto das copas, poden secar parcialmente polo dano do escaravello antes que o lume os poida abrir completamente. O outro axente é o esquío de Douglas (Tamiasciurus douglasi) que roe nas tecas verdes carnosas dos conos máis novos; os esquíos están activos durante todo o ano e cando roen o cono, sacan e deixan caer sementes ao solo.

Descubrimento e nomeamento

miniatura|left|Unha Sequoia Xigante comparada cun automóbil. A sequoia xigante era moi coñecida polas tribos nativas dos EUA que moraban nesta área. Os antigos nativos americanos dábanlle á sequoia os nomes de wawona, toos-pung-ish e hea-mi-withic, os dous últimos na lingua da Tribo do Río Tule.

A primeira referencia á sequoia xigante por europeos é de 1833, no diario do explorador J. K. Leonard; a referencia non menciona ningunha localidade, pero a súa ruta fora polo Arboredo de Calaveras; este descubrimento non se publicou. O seguinte europeo en ver a especie foi John M. Wooster, que gravou as súas iniciais na casca da árbore "Hércules" no Arboredo de Calaveras en 1850, mais este descubrimento tampouco se publicou. Déuselle moita máis publicidade ao "descubrimento" do Arboredo de Calaveras por Augusto T. Dowd en 1852, e isto é comunmente citado como o descubrimento da especie. A árbore que atopou Dowd, e que bautizou como a "Árbore do Descubrimento", foi tallada en 1853.

O primeiro en dar un nome científico á especie foi John Lindley en 1853, que a denominou Wellingtonia gigantea, sen se decatar de que este era un nome inválido baixo o Código Internacional de Nomenclatura pois o nome Wellingtonia xa fora utilizado anteriormente para outra planta non relacionada (Wellingtonia arnottiana da familia Sabiaceae). O nome "Wellingtonia" persistiu en Inglaterra como un nome común, aínda que está desaprobado como unha reliquia de imperialismo cultural (R. Ornduff en Aune 1994). O ano seguinte, Joseph Decaisne incluíuna no mesmo xénero que a sequoia común da costa, denominándoa sequoia xigantea, mais tampouco foi válido este nome, pois se aplicara anteriormente á sequoia común (en 1847, por Endlicher). O nome Washingtonia californica foi aplicado tamén por Winslow en 1854, aínda que tampouco era válido, pois pertencía ao xénero das Palmeiras Washingtonia. miniatura|170px|right|No Parque Nacional Yosemite.

En 1907 foi incluído por Carl Ernst Otto Kuntze no xénero fósil Steinhauera, porén a dúbida en canto a se a sequoia xigante estaba relacionada ou non co fósil, tamén invalidou este nome.

Os fallos de nomenclatura foron corrixidos finalmente en 1939 por J. Buchholz, quen indicou tamén que a sequoia xigante era distinta da sequoia común no nivel de xénero e acuñou o nome Sequoiadendron giganteum para ela.

Sequoias destacadas

A data de febreiro de 2005, as dez árbores cun maior volume eran: Nome da árbore Localización Altura Circunferencia Volume     (m) (ft) (m) (feet) (m³) (ft³) Xeneral Sherman Giant Forest 83.79 274.9 31.27 102.6 1486.9 52,508 Xeneral Grant Grant Grove 81.72 268.1 32.77 107.5 1319.8 46,608 President Giant Forest 73.43 240.9 28.35 93.0 1278.4 45,148 Lincoln Giant Forest 77.97 255.8 29.96 98.3 1259.3 44,471 Stagg Alder Creek 74.07 243.0 33.22 109.0 1205.0 42,557 Boole Converse Basin 81.93 268.8 34.44 113.0 1202.7 42,472 Xenese Mountain Home 77.11 253.0 26.00 85.3 1186.4 41,897 Franklin Giant Forest 68.21 223.8 28.90 94.8 1168.9 41,280 King Arthur Garfield 82.39 270.3 31.76 104.2 1151.2 40,656 Monroe Giant Forest 75.53 247.8 27.82 91.3 1135.6 40,104

Fonte: United States National Park Service - . Nótese que as cifras do volume teñen un baixo grao de certeza, debido ás dificultades na medida; as medidas do diámetro do talo están tomadas nunhas poucas alturas fixas por riba do tronco, e asumen que o tronco é circular na sección transversal e que ese estreitamento entre puntos de medida é constante. As medidas do volume tampouco toman en conta as cavidades. As medidas son do tronco só, e non inclúen o volume de madeira das pólas nin das raíces.

A árbore Xeneral Sherman estimáselle un peso de 2.100 toneladas (Fry & White 1938).

Usos