Smosh é un dúo cómico de YouTube formado por Ian Hecox (nado o 30 de novembro de 1987) e Anthony Padilla (nado o 16 de setembro de 1987). Padilla comezou subindo vídeos flash en Newgrounds no ano 2003, baixo o nome de Smosh. Posteriormente uníuselle o seu amigo Ian Hecox. Logo comezaron a postear vídeos en YouTube no outono de 2005 e convertéronse nunha das canles máis populares do site. En xaneiro de 2013, Smosh converteuse na canle de YouTube con máis usuarios subscritos, e en marzo de 2013 tiña 8 millóns de usuarios subscritos e 2,1 billóns de reproducións nos seus vídeos.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas smosh.com Canle de Smosh en YouTube

Categoría:Personalidades de YouTube