Joseph M. Darby, nado en Corriganville (Maryland) c. 1979, é un militar estadounidense.
Traxectoria O 13 de xaneiro de 2004 denunciou as torturas e vexacións en Abu Ghraib (Iraq) perpetradas polo Exército dos Estados Unidos de América tras a invasión dese país.
Recoñecemento O 7 de maio de 2004 Darby foi proclamado "Persoa da semana" por Peter Jennings no ABC's World News Tonight, e en decembro foi elixido como unha das tres 'Persoas do ano' por ABC News. Foi entrevistado por Anderson Cooper o 10 de decembro de 2006, en 60 Minutes (o segmento foi redifundido o 24 de xuño de 2007).
Recibiu o premio John F. Kennedy á coraxe o 16 de maio de 2005, en recoñecemento pola coraxe amosada na exposición dos abusos en Abu Ghraib.https://www.washingtonpost.com/wp-dyn/articles/A32048-2004May16.html Recibiu unha carta persoal de Donald Rumsfeld, requiríndolle que non falase sobre como fora desvelada a súa identidade por Rumsfeld a pesar de asegurarlle o anonimato aos militares. Notas
Véxase tamén Outros artigos Tortura e abuso de prisioneiros en Abu Ghraib
Ligazóns externas
discurso de aceptación do sarxento Joseph Darby. 2005 Perfil en Courage Award, John F. Kennedy Library Foundation. Beliefnet.com – Persoa máis inspiradora do 2004 fotos e cartas de apoio para Joseph Darby (inclúe respostas)
Categoría:Militares dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1979 Categoría:Nados no condado de Allegany, Maryland Categoría:Personalidades sen imaxes