Juan González Rodríguez, nado na Coruña o 27 de novembro de 1873 e finado na mesma cidade o 26 de xaneiro de 1960, foi un avogado e político galego.
Traxectoria Foi presidente do Casino Republicano da Coruña. Foi alcalde da Coruña en tres períodos diferentes. O seu primeiro mandato foi entre 1919 e 1920 e o segundo un ano máis tarde. O 26 de marzo de 1930 foi un dos asinantes do Pacto de Lestrobe. Coa chegada da República volveu ser elixido alcalde da Coruña logo da dimisión de Ángel Senra Fernández o 26 de agosto de 1931, permanecendo co cargo ata o 21 de xullo de 1932, cando foi nomeado gobernador civil de Ourense. Continuou no cargo ata o 3 de outubro de 1933 en que pasou ao Goberno civil de Lugo. Afiliado a Izquierda Republicana, volveu ser concelleiro da Coruña no período da Fronte Popular.
Vida persoal
Casou con Emilia Catoira Touriñán e foi pai de Luciano, Jenaro, José Luis, Alfonso e Javier González Catoira. Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Wiki de Estudos Locais Caricatura de Luís Bagaría
Categoría:Alcaldes da Coruña Categoría:Alcaldes de Galicia durante a Restauración Categoría:Alcaldes de Galicia durante a II República Categoría:Gobernadores civís de Ourense Categoría:Gobernadores civís de Lugo Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1873 Categoría:Finados en 1960 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes