Atención: a pesar do tema deste artigo ser do ámbito da ficción, as ligazóns externas poden remitir para artigos que se refiren á realidade non ficcional.

Darkover é o planeta ficcional que dá nome á serie de libros de fantasía e ficción científica escritos pola norteamericana Marion Zimmer Bradley desde 1962.

Lugar Darkover é o único planeta habitado por seres humanos dos sete que orbitan en torno da estrela vermella xigante Cottman.

O sistema estelar Darkover é o cuarto planeta a contar da súa estrela, razón por que tamén se denomina de Cotmann IV. Os dous planetas máis preto do sol (Cottman II e III) son planetas xigantes de gas e o terceiro (Cottman I) é un rocha árida e cáustica, demasiado preto da estrela para sustentar vida. Dos tres planetas exteriores, os dous máis distantes de Darkover (Cottman VI e VII) son planetas xigantes de gas semellantes a Xúpiter e Saturno do noso sistema solar. Cottman V é un planeta xeado que, aínda que non sexa tóxico para os seres humanos, non pode soportar naturalmente unha poboación humana auto-sustentada.

Darkover ten catro lúas: Liriel, Kyrridis, Irdriel e Mormallor. Estas varían canto á cor e tamaño. Liriel é a lúa maior e ten unha tonalidade violeta. Kyrridis é a segunda maior e é descrita como azul brillante, semellante ao das plumas do pescozo dun pavón. Irdriel ten un tamaño intemedio e preséntase cun verde marítimo. Mormallor é unha lúa moi pequena e branca, e crese que se trata dun asteroide que se capturou pola gravidade de Darkover.

O planeta O tamaño de Darkover é semellante ao da Terra, aínda que aquel teña unha menor forza de gravidade debido á relativa falta de metais e a unha maior porcentaxe de osíxeno na atmosfera. A súa órbita é máis lenta que a da Terra, equivalendo un ano darkovano a quince meses terrestres.

Tal como Cottman V, Darkover tamén é un planeta que vive permanentemente na Idade do xeo, con apenas unha pequena faixa ecuatorial continental quente, o suficiente para permitir unha limitada agricultura, pesca e cría de gado. O clima do planeta é rigoroso coas rexións máis quentes do planeta sen neve só durante algunhas semanas.

O clima de Darkover influencíase por dúas grandes forzas: Unha gran cordilleira denominada O Grande Muro á Volta do Mundo que se eleva a 9.000 metros acima do nivel do mar. Esta cordilleira ten o efecto arrefecedor dun terceiro polo e orixinou que o eixo de rotación de Darkover sexa máis extremo que o da Terra, o que causa unha flutuación extrema entre as temperaturas do verán e o inverno na rexión ecuatorial. Ao contrario da Terra, que ten só un satélite natural, Darkover ten catro lúas que afectan as forzas das mareas e os padróns do clima.

Visto do espazo, o planeta domínase polos casquetes polares, os cales cobren a maioría da súa superficie. O único continente, soamente uns poucos graos a norte do ecuador, está ligado aos glaciares do casquete polar do norte pol'O Grande Muro á Volta do Mundo ao norte e ao leste do continente. Ao sur e ao oeste daquela cordilleira encóntrase así a denominada zona continental temperada cuxos límites son a auga libre do océano do planeta, máis propiamente o Mar de Dalereuth.

Esta parte do continente domínase por espazos forestais de árbores verdes xigantes de follas persistentes que crecen nos sopés das montañas. Ao suroeste das fragas, encóntranse as terras altas de Darkover, ben como as planicies, pantanos salobres e vales de río arábeis. Na porción oeste do continente encóntrase outra cordilleira, cuxas montañas se chaman As Hellers e ao oeste das cales se sitúa unha elevada chaira deserta e fría, denominada As Cidades Secas.

Especies Cando os seres humanos aterraron por primeira vez en Darkover, encontraran un mundo ancián xa habitado por outras formas de vida intelixentes.

Vida Nativa Intelixente Homes-Gato - Seres non humanos semellantes a gatos, territoriais e cun laran primitivo. Realizan comercio cos habitantes d'As Cidades Secas e atacan os viaxantes. Chieri - Foron unha das primeiras especies que os exploradores terrestres encontraron. Son unha raza cunha longa esperanza de vida, seis díxitos, estatura elevada, telepáticos e cunha fisioloxía semi-hermafrodita. A súa raza está á beira de extinción debido ás baixas taxas de fertilidade. Descubriuse que é posíbel os seres humanos e os chieri xerasen híbridos. Kyrii - Bípedes humanoides co corpo cuberto de pelos cincentos, face semellante á dos macacos e ollos verdes brillantes. Poden dar choques eléctricos. Pobo das Árbores - Raza semi-arbórea de vexetarianos que construíron grandes cidades nas árbores altas de Darkover. A súa poboación sofre cando os seres humanos viven nas redondezas. Homes-Ya - Aínda que a verdadeira intelixencia desta raza semellante a aves estea en cuestión, estes habitantes das montañas son frecuentemente vistos polos seres humanos que viven nas terras baixas.

Humanos Darkovanos: Os Comyn Os Comyn son as sete familias de Darkover dotadas con laran, sendo os descendentes híbridos dos seres humanos cos cheri. Os comyn aprenderon a utilizar as pedras matrices nativas para axudar a se concentraren e fortaleceren os seus poderes laran para duplicar e, por veces, superar a tecnoloxía baseada na ciencia. Cada familia comyn controla un Dominio, mais o casamento estratéxico entre as familias e cuestións territoriais feudais resultan na flutuación desas fronteiras. As sete familias inclúen:

Hastur de Hastur: Dotados co poder da matriz viva, algúns elementos desta familia son capaces de alcanzar grande poder laran sen a necesidade dunha pedra matriz artificial. Hastur de Elhalyn: Dotados co poder da previsión, algúns dos elementos desta familia teñen a capacidade de veren todas as consecuencias resultantes de cada decisión tomada ou hipótese presentada. Este poder vese por algúns como unha maldición, unha vez que as videncias mostran non só consecuencias positivas mais tamén as máis horrendas. Alton: Dotados co poder da comunicación forzada, algúns elementos desta familia teñen a capacidade de forzar nunha mente non desexosa o estabelecemento dunha dolorosa ligazón telepática. Isto causou unha gran desconfianza por parte das restantes familias en relación aos Alton, especialmente debido aos rumores de que un Alton encolerizado ten a capacidade de matar alguén coa súa mente. Ardais: Dotados co laran catalizador, algúns elementos desta familia teñen a capacidade de despertar poderes laran latentes noutras persoas. Aillard: Dotados cun misterioso poder que se foi esquecendo ao longo dos tempos, os Aillard viven nunha comunidade fechada. Aldaran: Dotados cunha verdadeira clarividencia, algúns elementos desta familia teñen a capacidade de ver o futuro. Ridenow de Serrais: Dotados con empatía, algúns elementos desta familia teñen a capacidade de unir as mentes con outras persoas e tornárense un cos seus pensamentos e sentimentos.

Alén desta sete familias principais, existen outras menores: MacAran: Habitan na vila Falconsward n'As Hellers, tendo a capacidade de se comunicaren cos animais. Coñécense como cazadores de falcóns. Delleray: poderes naturais de controlar o clima, pode encontrarse, raramente, en membros doutras familías próximas Leynier: Existen rumores de que algúns membros desta familia son transmorfos. Lanart Di Asturien: Pertencen á gran familia Hastur, vivindo no castelos Asturais, pero das montañas Venza. Lindir: Casados con elementos da familia Aillard. Storn: Casados con elementos do clan Aldaran. Syrtis: Casados con elementos dos Hasturs, sendo aínda coñecidos por seren os mellores cabaleiros de Darkover. Rockraven: Pertencen á grande familia Aldaran, vivindo en Ravenscrag, n'As Hellers.

Cronoloxía de Darkover Aínda que a seguinte cronoloxía de Darkover inclúa unha lista de libros pasados en períodos específicos, cada romance foi escrito como unha historia individual, sendo cada libro independente dos demais. Inclusivamente, a autora recomendou que a orde de lectura fose feita a través das datas de publicación, en vez da orde cronolóxica dos acontecementos, dado que o seu estilo literario evolucionou considerabelmente ao longo da súa carreira.

A Descuberta Durante os primeiros anos da exploración e colonización espacial, os terrestres accidentalmente instalaron unha colonia en Darkover, perdéndose o contacto entre os colonizadores e a Terra. Os antecedentes étnicos destes colonizadores son celtas e españois, incluíndo científicos pro-tecnolóxicos e fanáticos naturalistas tecnofóbicos. Á medida que os anos pasaron sen contacto co seu planeta natal, as etnias e ideoloxías dos colonizadores fóronse mesturando, desenvolvendo unha cultura darkovana independente e distinta. O xenoma humano tamén se expandiu, á medida que os colonizadores e os seus descendentes procriaban cos nativos Chieri.

Libro desta era: Darkover Landfall (1972), traducido como Aterraxe en Darkover (Portugal, 2004) e A Chegada en Darkover (Brasil, 1989). Neste libro a autora narra a chegada dos terrestres a Darkover, relatando os tempos en que este planeta descoñecía a especie humana. Coa aterraxe forzada dunha nave estelar naquel planeta descoñecido, os colonizadores terrestres tiveron de enfrentar, pola primeira vez na existencia humana, o impacto do Vento Fantasma, das correntes psíquicas existentes unicamente naquel mundo e do prezo que todos os seres da Terra terían de pagar para que Darkover os aceptase. O libro introduce sobrenomes, relixións e temas culturais que están presentes ao longo da serie de libros Darkover e que narra milenios de historia daquel planeta.

As Eras do Caos Á medida que os séculos pasan, os descendentes dos colonizadores orixinais desenvolven fortes poderes psíquicos, denominados laran, os cales se incorporaron na súa estrutura cultural de castas. A historia de Darkover márcase por programas de reprodución humana, mao uso de laran e control eventual dos poderes psíquicos. Aqueles que presentan capacidades psíquicas e outros laran máis desenvolvidos tórnanse a clase dominante e a elite tecnolóxica, coñecidos pola designación comyn, estando marcados xeneticamente polo cabelo rubio. Neste período, a tecnoloxía baseada en laran é a base dos clans feudais bélicos, o que leva a resultados desastrosos, nunha loita polo poder entre os varios Dominios en Ascendencia, até a un determinado Rei promover a unión de todos os habitantes de Darkover.

Libros desta era: Stormqueen! (1978), traducido como A Raíña das Tormentas (Portugal, 2004) e Raíña da Tempestade (Brasil, 1988). Neste libro, dúas familias feudais, os Elhalyn e os Ridenow, están empeñadas nun proxecto de reprodución humana co obxectivo de desenvolveren nenos con poderosos poderes psíquicos, os laran. A protagonista é Dorilys Aldaran, descendente de Rockraven, a cal desenvolve un temoroso poder capaz de alterar os padróns climáticos do planeta. Este libro sitúase, por tanto, nos días en que a matriz se encontraba nas mans de homes ambiciosos, cando a adulteración xenética producía portentos e manipuladores de estraños poderes e cando o herdeiro dos Hasturs encontrou o seu destino nas persoas da feiticeira que el amaba e da meniña mutante que se comprometera a protexer.

Thunderlord (por publicar) The Fall of Neskaya (2001 - con Deborah j. Ross), inédito en Portugal e o Brasil.