GSLV (acrónimo de Geostationary Launch Vehicle ou Geosynchronous Satellite Launch Vehicle) é un modelo de foguete pertencente á axencia espacial india, a ISRO.
Características O GSLV, derivado en parte do PSLV, é un foguete indio cunha arquitectura infrecuente na que se alternan etapas que consomen propelente líquido con etapas que usan propelente sólido. A primeira etapa é de propelente sólido, rodeada por catro aceleradores de propelente líquido que consomen UDMH e tetróxido de nitróxeno. A segunda etapa é de propelente líquido, consumindo o mesmo que os aceleradores da primeira, mentres que a terceira e última etapa usa propelentes crioxénicos, hidróxeno e osíxeno líquidos. Tódalas etapas de propelente líquido, excepto a terceira, usan motores Vikas, que non é máis que unha versión dos motores Viking dos foguetes Ariane fabricados baixo licenza.
A cofia, de 3,4 m de diámetro e 7,8 m de alto, está feita dunha aliaxe de aluminio. O GSLV estabilízase nos tres eixos mediante un sistema de control autónomo en cada etapa. As tobeiras dos aceleradores da primeira etapa poden moverse mediante cardáns para modificar a traxectoria do foguete. A segunda etapa usa unha combinación de movemento da tobeira mediante un cardán cun sistema de control a reacción mediante gas para o control da traxectoria. Finalmente, a terceira etapa usa pequenos motores para controlar a orientación durante a fase propulsada, mentres que usa un sistema de gas frío para os momentos nos que non hai propulsión.
A versión básica foi substituído polo GSLV Mk.2, que ten a diferenza de usar o motor CE7.5, de construción india, na terceira etapa.
Historial de lanzamentos DataRampla de lanzamentoCargaResultadoNotas20 de abril de 2001Satish DhawanGSat 1Fallo parcialPrimeiro voo. A terceira etapa apagouse 10 segundos antes de previsto.8 de maio de 2003Satish DhawanGSat 2Éxito20 de setembro de 2004Satish DhawanGSat 3Éxito10 de xullo de 2006Satish DhawanInsat 4CFalloFallo dun dos aceleradores da primeira etapa, desviando a traxectoria do foguete.2 de setembro de 2007Satish DhawanInsat 4CRFallo parcialA última etapa sufriu un problema de rendemento, deixando o satélite nunha órbita máis baixa do planeado.25 de abril de 2010Satish DhawanGSat 4FalloFallo da última etapa.25 de decembro de 2010Satish DhawanGSat 5PFalloPerda de control do foguete aos 47 segundos do lanzamento, desintegrándose aos 53 segundos.29 de marzo de 2018Satish DhawanGSat 6AÉxitoPrimeiro lanzamento da versión Mk.2.14 de novembro de 2018Satish DhawanGSat 29ÉxitoVariante Mk.3.19 de decembro de 2018Satish DhawanGSat 7AÉxitoVariante Mk.2.22 de xullo de 2019Satish DhawanChandrayaan 2 / VikramÉxitoVariante Mk.3.11 de agosto de 2021Satish DhawanGISAT 1FalloVariante Mk.2. Fallo na última etapa.22 de outubro de 2022Satish DhawanOneWeb L14-1 a L14-36ÉxitoVariante Mk.3.26 de marzo de 2023Satish DhawanOneWeb L18-1 a L18-36ÉxitoVariante Mk.3.29 de maio de 2023Satish DhawanIRNSS 1JÉxitoVariante Mk.2.14 de xullo de 2023Satish DhawanChandrayaan 3 / Vikram 2ÉxitoVariante Mk.3.17 de febreiro de 2024Satish DhawanInsat 3DSÉxitoVariante Mk.2.29 de xaneiro de 2025Satish DhawanIRNSS 1KÉxitoVariante Mk.2.30 de xullo de 2025Satish DhawanNISARÉxitoVariante Mk.2.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos PSLV
Categoría:Foguetes espaciais