250px|miniatura|Localización desde o espazo da meseta do Golán. Os Altos do Golán ( Haḍbatu 'l-Jawlān, ou Murtafaʻātu l-Jawlān, Ramat HaGolan, ), ou simplemente o Golán, é unha rexión do Oriente Próximo cunha extensión aproximada de 1 800 km2. A rexión definida como os Altos do Golán difire segundo a disciplinas: segundo as xeolóxicas e bioxeográficas, os Altos do Golán son unha superficie basáltica rodeada polo río Yarmouk ao sur, o mar de Galilea e o val de Hula ao oeste, a cordilleira do Antilíbano co monte Hermon ao norte e o uadi Raqqad ao leste. Como rexión xeopolítica, os Altos do Golán son unha área de Siria capturada e ocupada por Israel, trala guerra dos seis días, e anexada en 1981. A rexión inclúe dous terzos da superficie xeolóxica total, así como a parte ocupada por Israel do monte Hermon.
Categoría:Conflito árabe-israelí Categoría:Xeografía de Siria Categoría:Xeografía de Israel Categoría:Relacións internacionais de Siria Categoría:Relacións internacionais de Israel