HALCA (acrónimo de Highly Advanced Laboratory for Communication and Astronomy), orixinalmente nomeado como Muses B e logo rebautizado como Haruka (moi lonxe en xaponés) foi un observatorio espacial da axencia xaponesa ISAS lanzado o 12 de febreiro de 1997 mediante un foguete M-5 desde o Centro Espacial de Uchinoura.

Características HALCA foi lanzado para facer observacións astronómicas no rango das ondas de radio. Levaba a bordo unha antena despregable en forma de prato de 8 metros de diámetro formado por arames de molibdeno recubertos de ouro coa que observar en frecuencias de 1,6, 5 e 22 GHz e poder facer interferometría de moi longa base en conxunción con observatorios radioastronómicos situados en terra. O seu obxectivo principal era facer observacións de moi alta resolución grazas ó método de interferometría para poder medir os movementos dos chorros dos quasares e das fontes máser galácticas.

HALCA foi lanzado para unha duración de entre 3 e 5 anos, pero funcionou máis alá do especificado. O satélite foi apagado e deixado fóra de servizo o 30 de novembro de 2005. Ray Experiment Telescope)

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina de HALCA na JAXA (antes ISAS)

Categoría:Observatorios espaciais