Josep Maria Soler Vicens, nado o 16 de novembro de 1943 en Mataró, Barcelona, e falecido na mesma cidade o 14 de maio de 2006, foi un xogador internacional e adestrador de baloncesto catalán que xogou durante a meirande parte da súa carreira na Primeira División da Liga Española de Baloncesto. Internacional absoluto con España en 9 ocasións, estivo a piques de ser o primeiro xogador profesional do baloncesto español. O seu fillo, Jordi Soler, foi tamén xogador internacional de baloncesto. Cunha altura de 1,73 metros xogaba na posición de base.

Traxectoria Josep Maria Soler comezou a súa carreira no mundo do baloncesto no Colexio Santa Ana do seu Mataró natal.Aquel trepidante estilo de Josep Maria Soler Con quince anos, en idade xuvenil, é fichado pola canteira da UE Mataró. Dous anos despois, con dezasete, é subido ao primeiro equipo por Antoni Serra, famoso adestrador mataronés, xogando alí até o ano 1966, cando que ficha polo Picadero Jockey Club de Barcelona.

O equipo barcelonés, a base de talonario, conseguiu formar un gran cadro de xogadores, plantando cara aos equipos máis importantes da primeira división, como o Real Madrid e o Barcelona. No equipo presidido por Joaquín Rodríguez coincide con José María Soro, Chus Codina, Lorenzo Alocén e Miguel Albanell, entre outros, conseguindo nos cinco anos que estivo unha Copa do Rei en 1968 contra o Joventut, e ademais multitude de subcampionatos.

En 1971 ficha polo FC Barcelona,La enciclopedia de bolsillo de la Selección. Josep Maria y Jordi Soler xogando no equipo culé até os trinta anos. Despois xogaría co CB Breogán, dándose a curiosa circunstancia de que no ano que militou no equipo lucense, el seguía vivindo en Barcelona, desprazándose ata Lugo para xogar os partidos. Os seus últimos anos en activo foron unhas idas e vindas entre o Bàsquet Manresa e a UE Mataró, equipo onde finalizou a súa carreira sendo adestrador-xogador.

20px|border UE Mataró (1958-1966) 20px|border Picadero JC (1966-1971) 20px|border FC Barcelona (1971-1974) 20px|border|ACB Breogán Lugo (1974–1975) 20px|border Bàsquet Manresa (1975-1976) 20px|border UE Mataró (1976-1977) 20px|border Bàsquet Manresa (1977-1978) 20px|border UE Mataró (Adestrrador-xogador, 1979-1981)

Profesionalismo En 1974, ano no que finalmente xogou no Breogán de Lugo, estivo a piques de converterse no primeiro xogador español en ser profesional, tras recibir unha oferta para xogar no Iberia Superstars, un equipo dunha liga europea profesional creada na época, a EPBL.

Internacional Josep Maria Soler foi 9 veces internacional coa selección de baloncesto de España absoluta. O seu fillo, Jordi Soler, chegou ser tamén internacional en dúas ocasión xogando no mesmo posto que o seu pai.

Notas

Categoría:Xogadores do Club Baloncesto Breogán Categoría:Xogadores do FC Barcelona Bàsquet Categoría:Xogadores do Bàsquet Manresa Categoría:Xogadores do Picadero JC Categoría:Bases de baloncesto Categoría:Adestradores de baloncesto de España Categoría:Adestradores do Club Baloncesto Breogán Categoría:Xogadores de baloncesto de Cataluña Categoría:Nados en 1943 Categoría:Nados en Mataró