O metilxasmonato ou xasmonato de metilo (MeJA) é un composto orgánico volátil utilizado polas plantas para a súa defensa e en diversas vías do seu desenvolvemento como a xerminación de sementes, crecemento de raíces, floración, maduración de froitos, e senescencia.Cheong, Jong Joo and Yang Do Choi. [http://www.aloj.us.es/bioqplantas/tema9-11/biblio%20hormonas/Jasmonato.pdf , Trends in Genetics, 2003. Consultado o 2010-10-27. O metilxasmonato deriva do ácido xasmónico por medio dunha reacción catalizada polo encima S-adenosil-L-metionina:ácido xasmónico carboxil metiltransferase.7 April 2010. Consultado o 2010-10-27. O metilxasmonato ten un grupo metilo esterificado no grupo carboxilo do ácido xasmónico. O nome procede do xénero Jasminum (xasmín), planta da que se illaron os xasmonatos.

As plantas producen ácido xasmónico e metilxasmonato en resposta a moitos estreses bióticos e abióticos (en particular, o herbivorismo e as feridas), que se acumulan nas partes danadas da planta. O metilxasmonato pode utilizarse para enviar sinais nos sistemas de defensa da planta atacada ou pode espallarse por contacto físico ou a través do aire para producir unha reacción defensiva noutras plantas próximas aínda ilesas. As plantas que aínda non foron danadas absorben o metilxasmonato transportado polo aire a través dos seus estomas ou por difusión a través do citoplasma das células das follas. Por tanto, un ataque de herbívoros sobre unha planta causa que produzan metilxasmonato tanto para a defensa interna da propia planta coma para usalo como composto sinalizador que chegará a outras plantas.Tao Xu et al. Chinese Science Bulletin, 2003. Consultado o 2010-10-27.

O metilxasmonato pode inducir á planta a producir moitos tipos de compostos químicos defensivos como as fotoalexinas (antimicrobianas),[http://www.ars.usda.gov/is/ar/archive/feb98/fres0298.htm, United States Department of Agriculture, 1993. Consultado o 2010-10-27. nicotina ou inhibidores das proteinases. O metilxasmonato activa os xenes dos inhibidores das proteinases (unha reacción defensiva típica das plantas) por mediación dunha vía de transdución de sinais mediada por receptor. Os inhibidores das proteinases interfiren cos procesos dixestivos dos insectos herbívoros e desaniman ao insecto a volver comer esa planta outra vez.Tao Xu et al. Involvement of Jasmonate-signaling pathway in the herbivore-induced rice plant defense

O metilxasmonato utilizouse para estimular a produción dos condutos resiníferos por causas traumáticas nos piñeiros Pinus contorta. Isto pode utilizarse como defensa contra moitos insectos herbívoros a modo de vacina.

O metilxasmonato é tamén unha hormona vexetal implicada no enrolamento dos gabiáns, floración, maduración de froitos e desenvolvemento das sementes. Un incremento desta hormona afecta ao tempo de floración, morfoloxía das flores e ao número de flores abertas.Radhika, V., J. Cost, W. Boland, and M. Heil. The role of jasmonates in floral nectar secretion. 2010. Consultado o 2010-10-27. O metilxasmonato induce a actividade encimática de formación de etileno, que aumenta a cantidade de etileno ata o nivel necesario para a maduración dos froitos.Berger, S., E. Bell, and J. Mullet. Two Methyl Jasmonate-lnsensitive Mutants Show Altered Expression of AtVsp in Response to Methyl Jasmonate and Wounding, 1996. Consultado o 2010-10-27.

O aumento das cantidades de metilxasmonato nas raíces das plantas inhibe o seu crecemento.Wasternack, C. Jasmonates: An Update on Biosynthesis, Signal Transduction and Action in Plant Stress Response, Growth and Development, 2007. Consultado o 2010-10-27. Suponse que os niveis incrementados de metilxasmonato activan xenes que previamente non se estaban expresando nas raíces, o que causa a inhibición do crecemento.

O metilxasmonato induce a liberación de citocromo c nas mitocondrias de células cancerosas, o que orixina a súa morte, pero non dana ás células normais. Máis especificamente pode causar a morte celular en células de leucemia leucocítica crónica (CLL) de pacientes humanos que foron tratadas en cultivo celular con metilxasmonato. O tratamento de linfocitos de sangue normal illados non orixina a súa morte celular.Rotem, R., A. Heyfets, O. Fingrut, D. Blickstein, M. Shaklai, and E. Flesher Jasmonates: novel anticancer agents acting directly and selectively on human cancer cell mitochondria. 2005. Consultado o 2010-10-27.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Xasmonato Ácido xasmónico

Ligazóns externas Información xeral sobre o metilxasmonato Xasmonatos: novos axentes anticancro que actúan de forma directa e selectiva sobre as mitocondrias das células cancerosas. Xasmonato: fórmula farmacéutica para o tratamento do cancro. US Patent Issued en outubro 22, 2002 Hormonas do estrés de plantas que suprimen a proliferación e inducen a apoptose en células cancerosas humanas, Leukemia, Nature, abril 2002, Volume 16, Número 4, Páxinas 608-616 Os xasmonatos inducen a morte nonapoptótica en células mutantes de alta resistencia de linfoma B que expresan p53, British Journal of Pharmacology (2005) 146, 800–808. ; publicado online 19 de setembro de 2005

Categoría:Hormonas vexetais Categoría:Ésteres Categoría:Cetonas Categoría:Alquenos