Vaso, un recipiente destinado a conter líquidos e do cal se bebe directamente. Vaso Highball ou vaso alto, un vaso de vidro, contén de 240 a 350 ml. Vaso Old Fashioned, vaso baixo, ou vaso on the rocks, un vaso curto utilizado para servir bebidas con alcohol, como whisky con cubiños de xeo. Vaso de cóctel, un vaso que ten un recipiente en forma de cono colocado sobre un tallo sobre unha base plana. Vaso de tubo, un vaso de cristal de forma cilíndrica e máis estreito que un vaso alto. Vaso sanguíneo, unha estrutura oca e tubular que conduce o sangue impulsada pola acción do corazón. Vasos comunicantes, son recipientes unidos por un conduto.