Manuel Jesús Vázquez Florido, alcumado Chuli, nado o 25 de xaneiro de 1991 en Huelva, é un exfutbolista profesional español da canteira do RCD Espanyol.

Traxectoria Nado en Huelva, Andalucía, Chuli formouse nas categoría inferiores do Recreativo de Huelva e do Reial Club Deportiu Espanyol de Barcelona. Tras participar nas inferiores do club barcelonés, debuta como sénior no Espanyol B da Segunda División B na temporada 2009−2010. O seu primeiro gol chegaría o 22 de xaneiro de 2011, cando anota na vitoria do seu equipo por 4-0 ante o CF Amposta da Terceira División. Tras acabar a tempada regresa á súa cidade natal para formar parte do equipo filial do Recreativo de Huelva, tamén en Terceira División. Tras a súa destacada actuación, con 22 goles en 30 partidos, é promovido ao primeiro equipo para xogar en Segunda División, debutando como titular xa na primeira xornada da temporada 2012−2013 ante o Xerez CD. Pouco despois, o 8 de setembro, anota dous tantos e provoca un penalti que permite a vitoria do seu equipo por 3–2 ante o Real Murcia. Menos dun mes despois anota o seu primeiro hat-trick na categoría de prata, permitindo ao seu equipo vencer por 4–2 á AD Alcorcón. Un deses goles supuxo o tanto 1.500 do Recreativo na Segunda División. Finalmente, acaba a temporada con 15 goles, axudando ao "Decano" a acadar a salvación.

Tras acabar a temporada, a súa boa actuación permite a súa fichaxe polo Real Betis de Primeira División, que paga 600.000 euros polo seu traspaso. O seu debut na máxima categoría sería o 25 de agosto na derrota por 1−2 no Benito Villamarín ante o Celta de Vigo. O seu primeiro gol co equipo sevillano chegaría na vitoria por 1–0 contra o Vitória S.C. na UEFA Europa League. Tras un primeiro ano que supuxo o descenso do seu equipo, o 1 de setembro de 2014 houbo rumores sobre a súa cesión ao Real Zaragoza, aínda que finalmente non se levaría a cabo, sendo finalmente cedido o 7 de xaneiro ao CD Leganés, anotando en media temporada 11 goles. Esta boa actuación levouno a asinar un contrato por cinco anos coa UD Almería, equipo acabado de descender da Primeira División. Con todo, o 31 de xaneiro é cedido de novo, esta vez ao Getafe CF, conseguindo co equipo o ascenso a Primeira. A súa actuación no equipo madrileño convenceu ao club, o cal pagou 700.000 euros pola súa fichaxe. Tras non participar no retorno do Getafe á máxima categoría, o 12 de decembro de 2017 é cedido ao Club Deportivo Lugo.

Clubs ClubCategoríaAnoPartidosGolesEspanyol BSegunda B2009−201070 Espanyol BTerceira2010−2011141Recreativo BTerceira2011−20123022RecreativoSegunda201220RecreativoSegunda2012−20133815Real BetisPrimeiraUEFA Europa League2013−201411801Real BetisSegunda2014−201530LeganésSegunda20152111AlmeríaSegunda2015−2016366AlmeríaSegunda2016−2017110GetafeSegunda2017185GetafePrimeira201700LugoSegunda2017−2018121

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en bdfutbol.com Datos do xogador en futbolme.com

Categoría:Nados en 1991 Categoría:Nados en Huelva Categoría:Futbolistas de Andalucía Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do RCD Espanyol B Categoría:Xogadores do Recreativo de Huelva B Categoría:Xogadores do Recreativo de Huelva Categoría:Xogadores do Real Betis Balompié Categoría:Xogadores do CD Leganés Categoría:Xogadores da UD Almería Categoría:Xogadores do Getafe CF Categoría:Xogadores do CD Lugo