Hitsat (acrónimo de Hokkaido Institute of Technology Satellite), denominado tamén como HIT-SAT, foi un satélite artificial do Instituto de Tecnoloxía de Hokkaido lanzado o 22 de setembro de 2006 mediante un foguete M-5 desde o Centro Espacial de Uchinoura xunto con outros satélites, como o observatorio solar Hinode.

Características Hitsat foi un nanosatélite de tan só 2,7 kg de masa destinado a probar novas tecnoloxías e a servir como estación de radioficionado. Tiña forma de cubo de 12 cm e lado e levaba un transmisor de 100 mW de potencia co que emitía en 437,275 MHz e 437,425 MHz, recibindo ordes desde terra en 145,980 MHz. A alimentación eléctrica do satélite era proporcionada polas células solares que recubrían o seu exterior e que alimentaban unha batería de ións de litio.

Hitsat foi inxectado nunha órbita inicial de 667 km de apoxeo e 280 km de perixeo, cunha inclinación orbital de 98,3 graos e un período de 94 minutos. Reentrou na atmosfera o 18 de xuño de 2008.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina de Hitsat no Instituto Tecnolóxico de Hokkaido

Categoría:Satélites artificiais