Bandar Lampung é unha cidade de Indonesia e capital da provincia indonesia de Lampung, na illa e rexión de Sumatra. Foi fundada baixo o nome de Tanjungkarang-Telukbetung, os dous poboados que formaron a cidade. No ano 1986 rebautizouse co nome Kota Bandar Lampung (Cidade de Bandar Lampung). É a principal entrada á illa de Sumatra para xente procedente da illa de Xava. Especialmente antes da construción do importante porto na cidade de Bakauheni, ao sur de Bandar Lampung. A cidade conta co Aeroporto Radin Inten II no noroeste, que é un aeroporto nacional con voos cara a Iacarta. miniatura|esquerda|Rúa "Ikan Hiu"

Transporte Aire O Aeroporto Radin Inten II (TGK) é o principal aerodromo da cidade. Situado nas aforas, pódese acceder mediante minibuses e autobuses do transporte público. miniatura|esquerda|Aeroporto Radin Inten II

Transporte pola estrada Bandar Lampung ten varias opcións alternativas para o transporte. Unha delas é o minibús Angkot (abreviatura de Angkutan Kota, traducido literalmente por Transporte de cidade). Serven varias liñas, operados privadamente e baratos. Polo xeral, un minibús Angkot cobre a área entre Tanjung Karang (centro de Bandar Lampung) e o sector urbano. Un Angkot cobre estas liñas:

Tanjung Karang - Garuntang Tanjung Karang - Teluk Betung Tanjung Karang - Rajabasa Tanjung Karang - Sukarame Tanjung Karang - Langkapura e moitos máis.

En outubro de 2011, a oficina de transporte de Bandar Lampung anunciou dúas liñas de Autobús de tránsito rápido.

Educación miniatura|esquerda|Universidade "Bandar Lampung" No ano 2009, Bandar Lampung tiña unha taxa de alfabetización do 94,3%, mais comparado co ano 2005, que tiña unha taxa de alfabetización do 93,5%. Así e todo, a taxa de participación na escola secundaria seguiu descendendo de 69,2% (2007) ao 61,4% (2009). miniatura|esquerda|Universidade "Malahayati" En Bandar Lampung hai notables universidades e institutos como SMP Negeri 2 Bandar Lampung (público), SMA Negeri 9 Bandar Lampung (público), SMA Negeri 2 Bandar Lampung (público), SMA Fransiskus Bandar Lampung (privado), Universidade Lampung (público, coñecido localmente como Unila), Bandar Lampung University (privado, coñecida localmente como UBL) e Malahayati University (privado). En marzo de 2011, a Unila tiña 70 866 alumnos.

Cidades irmandadas Pekanbaru, Indonesia Ipoh, Malaisia Split, Croacia

Categoría:Cidades de Indonesia