A Banda de música de Ventosa foi unha agrupación musical con sede na parroquia de Ventosa, no concello de Agolada.
Historia Fundada en 1862, foi a banda máis antiga de Agolada. O seu primeiro director foi Cuñarro, que permaneceu bastantes anos á fronte da formación. Tras el pasaron Juan Fernández (Juanito), José Fernández Alvarellos, Clemente Fernández, fillo do primeiro e curmán do segundo; e Manolo do Cereixas, con quen desapareceu a banda en 1959. A Clemente realizóuselle unha homenaxe a título póstumo, tal e como recorda unha placa no palco da música de Ventosa: La parroquia de Ventosa a su insigne músico Clemente Fernández Lamela, año 1980. Durante unha época a banda estivo subvencionada polo concello de Agolada, que lle esixía que adoptase a denominación de Municipal de Agolada, pero este nome non durou moito.
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas
Categoría:Agolada Categoría:Bandas de música de Galicia Categoría:Música de Galicia sen imaxes