A herba luísa (Aloysia citriodora) é unha especie da familia Verbenaceae, que se caracteriza por un aroma que recorda o do limón. É orixinaria de Suramérica, onde crece de forma silvestre.
Cultívase con profusión en xardíns de todo o mundo, mais o desenvolvemento da mesma require un clima soleado e húmido. Utilízase en gastronomía como especia e para preparar unha infusión dixestiva e refrescante.
Características Arbusto caducifolio, de entre 3 a 7 m de altura, con talos subleñosos ou leñosos na parte superior. Presenta follas verticiladas de até 7 cm, de forma lanceolada, apicada, coa marxe lisa ou dentada e o pecíolo moi curto, son de cor verde clara polo feixe, co envés marcado por glándulas oleosas ben visibles. Flores pequenas brancas ou branco-violáceas, agrupadas en espigas.
Florece no verán, formando inflorescencias en espigas laxas, de até 10 cm de longo, de cor pálida ou lila. O cáliz posúe dous labios laterais; a corola é acampanada, simpétala, cos lóbulos imbricados. O xineceo está formado por dous carpelos unidos. O froito é unha drupa que se divide en dúas núculas monoseminadas.
Hábitat e distribución Nativa de Suramérica, crece de forma silvestre nos países andinos desde Colombia até Chile e a Arxentina; Paraguai, o Uruguai, Bolivia, o Perú, o Brasil (Río Grande do Sur) e México, desde onde os conquistadores a introduciron en Europa no século XVII. En Europa pode cultivarse en rexións temperadas.
miniatura|250px
Usos
Como ornamental Utilízase habitualmente en xardíns como planta ornamental. Prefire un clima cálido constante e exposición soleada, non resiste ben as xeadas, a temperaturas por debaixo de 0 °C perde as follas, aínda que a madeira é suficientemente dura como para soportar até -10 °C. Esixe un solo ben drenado, preferiblemente margoso, bastante fértil e húmido no verán. Multiplícase por semente con facilidade; en climas máis frescos é posible reproducila mediante esgallos. É unha planta fitófila (agosta as plantas que crecen ao seu redor).
Como medicinal En herboristería as follas e talos da herba luísa son ricos nun aceite esencial, cuxo compoñente principal é o citral, responsable do seu cheiro, e que contén ademais limoneno, linalol, cineol, terpineol, e cariofileno, un aldehido sesquiterpénico ao que se lle atribúe acción eupéptica e espasmolítica.
Os extractos de Lippia citriodora son ricos en fenilpropanoides, especialmente verbascósido, que presentan actividade biolóxica como antioxidantes.
A súa infusión —realizada con entre 5 e 20 g por litro— utilízase como dixestivo, carminativo e antiespasmódico, para casos de dispepsia ou dores de estómago. Consómese tamén como sedante lixeiro. Posúe unha importante cantidade de melatonina, substancia que se usa como relaxante natural e que favorece o sono nocturno.
Os elementos usados en infusión recóllense dúas veces ao ano, a finais da primavera e comezos do outono. Empréganse as follas tenras e as sumidades floridas.
En gastronomía As follas secas e picadas emprégase en prebes para darlle un arrecendo cítrico ás comidas. Elabórase con ela tamén un sorbete aromático.
Etnografía A herba luísa é unha das sete herbas máxicas de San XoánRíos galegos - http://www.rios-galegos.com/sanxoan.htm#HERBA LUISA. Era considerada unha herba especial para os amoríos. Tamén se asocia coas troulas e festas nocturnas.
Taxonomía Aloysia triphylla foi descrita por Antonio Palau y Verdera e publicado en Parte práctica de Botánica 1: 768. 1784. Sinonimia Verbena triphylla L'Hér. Verbena citriodora Cav. Lippia triphylla Kunth Lippia citriodora (L'Hér.) Kuntze Aloysia citriodora (Cav.) Palau Zappania citriodora Lam. (1791). Verbena fragrans Salisb. (1796). Cordia microcephala Willd. ex Roem. & Schult. (1819). Aloysia triphylla (L'Hér.) Britton (1925). Aloysia sleumeri Moldenke (1964). Aloysia triphylla f. serrulata Moldenke (1982).Sinónimos en Kew
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Armada, J. & A. Barra. 1992. On Aloysia Palau (Verbenaceae). Taxon 41:88–90. Zuloaga, F. O. 1997. Catálogo de las plantas vasculares de la Argentina. Monogr. Syst. Bot. Missouri Bot. Gard. 74(1–2): 1–1331. Zuloaga, F. O., O. Morrone, M. J. Belgrano, C. Marticorena & E. Marchesi. (eds.) 2008. Catálogo de las Plantas Vasculares del Cono Sur (Argentina, Sur do Brasil, Chile, Paraguay y Uruguay). Monogr. Syst. Bot. Missouri Bot. Gard. 107(1): i–xcvi, 1–983; 107(2): i–xx, 985–2286; 107(3): i–xxi, 2287–3348.
Ligazóns externas Propiedades da herba luísa Características da herba luísa
Categoría:Arbustos Categoría:Plantas medicinais Categoría:Aloysia Categoría:Herbas aromáticas