Daniel Rodas Chapela, nado en Moaña en 1961, é un político galego do BNG.

Traxectoria alt=Papeleta do BNG para o Parlamento galego, eleccións xullo 2020.|miniatura|Papeleta do BNG das Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2020. Cursou estudos de enxeñaría. É funcionario da Consellería de Pesca. Concelleiro en Moaña dende ano 2003 e foi deputado provincial na Deputación de Pontevedra (2007-2011). É membro do Consello Comarcal do BNG do Morrazo. O 26 de marzo de 2013 tomou posesión como deputado do Parlamento de Galicia en substitución de Carlos Aymerich.

Nas Eleccións xerais de España de abril de 2019 foi candidato suplente na lista do BNG ao Congreso dos Deputados pola Provincia de Pontevedra, repetindo na convocatoria electoral de novembro do mesmo ano.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha no Parlamento de Galicia ´Todavía no hemos decidido si dejaré el cargo de concejal para ir al Parlamento´ Faro de Vigo, 20/3/2013 .

Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia polo BNG Categoría:Nados en Moaña Categoría:Nados en 1961 Categoría:Concelleiros de Moaña