A tempada 2012-2013 da RaboDirect PRO12 é a duodécima edición da liga celta de rugby, creada en 2001. A liga toma o nome RaboDirect do seu principal patrocinador, unha entidade bancaria neerlandesa.
Formato da competición O torneo está composto por 12 equipos (4 irlandeses, 4 galeses, 2 escoceses e 2 italianos), e ten un formato segundo o cal os equipos teñen que disputar dúas voltas completas, de xeito que cada equipo se enfronta ós outros 11 conxuntos dúas veces, unha como local e outra como visitante.
O sistema de puntuación é o seguinte: 4 puntos pola vitoria. 2 puntos polo empate. 0 punto pola derrota. 1 punto por anotar 4 ou máis ensaios. 1 punto por perder por 7 ou menos puntos.
A liga comezou o 31 de agosto de 2012, e rematará o 25 de maio de 2013 coa gran final.
Táboa
Semifinais e final
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial da RaboDirect PRO12
2013 Categoría:Rugby en 2013