O carpe europeo, tamén coñecido simplemente coma carpeNome vulgar preferido en galego Termos Esenciais de Botánica Comisión de Normalización Lingüística da Escola Politécnica Superior de Lugo - Universidade de Santiago de Compostela, 2002 Carpinus betulus é un Carpinus nativo do oeste, centro e sur de Europa, estendéndose dende o oeste de Rusia e Ucraína. Require dun clima temperado para un bo crecemento, só medrando por riba dos 600 msnm. Crece mesturándose con carballos, e nalgunhas áreas con faias. É unha árbore común en bosques degradados. En Galiza non é común.
Descrición É unha arboriña miúda ou mediana que adoita acadar os 15–25 m, raramente 30 m, cun toro torto. A casca é grosa, averdada cinsenta, aínda que nos vellos (véxase na foto): aseméllase á da faia, mais ten a miúdo costelas. Os gomos, a diferenza dos Fagus, non teñen máis dun cm de lonxitude, e presionados cara ás ás. As follas son alternas, de 4–9 cm longo, con prominentes veas dando un engurrado distintivo, e marxes serrados; aseméllanse ás do umeiro mediterráneo (Ulmus minor), mais son simétricas (véxase na foto). As xemas son alternas e afusadas (véxase na foto), porén menos cás da faia. As flores aparecen en candeas aló polo mes de maio trala saída das follas. O froito é unha pequena e longa noz de 7–8 mm lonxitude, parcialmente envolta por trifoliolos, o invólucro de 3–4 cm lonxitude; madura polo outono. As sementes frecuentemente non xermolan até a primavera do segundo ano logo da sementeira. É un prolífico sementeiro e ten unha vizosa rexeneración natural.
A madeira é mesta e dura, empregada para trebellos e material de construción.
Ecoloxía Gosta dos terreos sombrizos, e prefire moderada fertilidade do solo e de humidade. Ten un sistema radicular escaso en profundidade mais moi espallado superficialmente, e produce moitos fillos cando se talla baixo. Ten unha follaxe mesta.
Hai un número de notábeis bosques onde esta especie é a dominante: Epping Forest, Londres, Inglaterra Halltorps Reserva Natural, Oland, Suecia miniatura|Froito|250px miniatura|250px|A casca é cinsenta e lisa, semella a da faia, mais pode ter costelas miniatura|250px|As follas aseméllanse ás do ulmeiro mediterráneo (Ulmus minor), porén son simétricas. As xemas son alternas e afusadas, mais menos que as da faia.
Propiedades Principios activos: Tanino, sales, resina.
Indicacións: Estíptico, adstrinxente, vulnerario, pectoral, expectorante, antitusivo. A auga destilada, preparada a partir das follas, úsanse coma colirio.
Úsanse especialmente as follas e a casca. Apáñase en agosto. Decocción de casca(expectorante): 10-15 g. por cunca.
Outros usos: Ornamental. A madeira, branca e mesta, tense usado para a fabricación de pasta de papel, pezas de pianos, parqués, tacos de billar etc.
Sinonimia
Carpinus carpinizza Kill. Carpinus caucasica Grossh. Carpinus compressus Gilib. Carpinus intermedia Wierzb. ex Rchb. Carpinus nervata Dulac Carpinus quercifolia Desf. ex Steud. Carpinus sepium Lam. Carpinus ulmifolia Salisb. Carpinus ulmifolia St.-Lag. Carpinus ulmoides Gray Carpinus vulgaris Mill. Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Den virtuella floran: Carpinus betulus distribution
betulus Categoría:Plantas ornamentais Categoría:Plantas medicinais Categoría:Flora de Europa Categoría:Plantas descritas en 1753 Categoría:Taxons descritos por Linné