Manchán Magan, nado en Dublín o 20 de agosto de 1970 e finado o 2 de outubro de 2025, foi un xornalista, escritor e viaxeiro irlandés.

Traxectoria Foi principalmente coñecido polo seu traballo como presentador de arredor de trinta documentais de viaxes, nos que se tratan a globalización e as diferentes culturas do mundo. Doce deses documentais fíxoos baixo o título de Global Nomad nos que tamén colaborou o seu irmán Ruán Magan. No 2007 presentou a serie documental No Béarla, na que se propuxo viaxar por Irlanda falando só irlandés, poñendo de manifesto a precaria situación de supervivencia da lingua no seu país.

A familia de Magan ten a peculiaridade de estar estreitamente relacionada coa fundación de Irlanda. Tamén indagou nesas conexións a través de producións audiovisuais para a Raidió Teilifís Éireann e a TG4. The O'Rahilly era o seu tío-avó e Sheila Humphreys foi a súa avoa.

Magan finou o 2 de outubro de 2025 a causa dun cancro de próstata agresivo.

Obra Libros de viaxes En irlandés Manchán ar Seachrán (Coiscéím, 1998) Baba-ji agus TnaG (Coiscéim, 2005)

En inglés Angels & Rabies: a journey through the Americas (Brandon, 2006) Manchán’s Travels: a journey through India (Brandon, 2007) Truck Fever: a journey through Africa (Brandon, 2008)

Novela Bí I nGrá (Coiscéim, 2008)

Filmografía Documentais Manchán san India (1996) Manchán i Meiriceá Theas (1997) Manchán in Éirinn (1998) Manchán um Nollag (1998) Manchán USA (TnaG, 1999) The Global Nomad: Middle East (2000) Manchán sa Mhean Oirthear Manchán in Tenerife (2001) Nasc (TG4, 2002) Global nomad: China (2003) Manchán sa tSín The Struggle (RTÉ, 2003) Europe - The New Frontier (RTÉ, 2004) The Easter Rising (2005-2006) No Béarla (TG4, 2007) No Béarla 2 (TG4, 2008)

Notas

Véxase tamén Outros artigos Ruán Magan Ligazóns externas Páxina oficial Ficha na IMDb

Categoría:Escritores en lingua inglesa Categoría:Escritores en lingua irlandesa Categoría:Nados en Dublín