Jack Gleeson, nado o 20 de maio de 1992 en Cork, é un actor irlandés de cinema e televisión. É principalmente coñecido por interpretar a Joffrey Baratheon na serie de televisión da HBO Game of Thrones.
Traxectoria Gleeson comezou a actuar con sete anos no teatro independente Workshop. No cinema, fixo os seus primeiros papeis con aparicións minoritarias en Batman empeza (2005), Shrooms (2007) e A Shine of Rainbows (2009). No 2010 apareceu como protagonista en All Good Children de Alicia Duffy.
Recentemente, acadou recoñecemento internacional na serie da HBO Game of Thrones, facendo o papel de Joffrey Baratheon.
Filmografía Cine Ano Título Papel Notas2002Reign of FireNenoSen acreditar2002Moving DayJackCurtametraxe2003FishtaleNeno co peixeCurtametraxe2004Tom Waits Made Me CryYoung VincentCurtametraxe2005Batman empezaNeno2007ShroomsLonely Twin2009A Shine of RainbowsSeamus2010All Good ChildrenDara2012ChatAdamCurtametraxe
Televisión Ano Título Papel Notas2006–2008KillinaskullyPa Connors Jr.4 episodios2011–2014Game of ThronesJoffrey Baratheon25 episodios
Véxase tamén
Ligazóns externas
Categoría:Actores de cinema de Irlanda Categoría:Actores de televisión de Irlanda Categoría:Actores infantís de Irlanda Categoría:Nados en 1992 Categoría:Nados en Cork Categoría:Alumnos do Trinity College Dublin