Roger the Engineer (título orixinal no Reino Unido: Yardbirds, nos Estados Unidos, Alemaña e Francia: Over Under Sideways Down) é un álbum da banda inglesa de blues rock The Yardbirds, editado o 15 de xullo de 1966 a través do selo Columbia Records. Foi producido pola baixista Paul Samwell-Smith e por Simon Napier-Bell. É o único traballo dos Yardbirds con todas as cancións orixinais. Aínda que o disco foi oficialmente titulado Yardbirds, dende entón referiuse a el, primeiro de xeito coloquial e despois semioficialmente, como Roger the Engineer, un título derivado do debuxo da portada do disco no que aparece o enxeñeiro Roger Cameron debuxado polo membro da banda Chris Dreja.
No ano 2003, o álbum foi colocado no número 349 da lista da revista Rolling Stone dos "500 mellores álbums de todos os tempos"Rolling Stone - 500 Greatest Albums of All Time.
Listaxe de cancións Todos os temas compostos por Chris Dreja, Jim McCarty, Jeff Beck, Keith Relfe Paul Samwell-Smith (o apelido de Dreja aparece como "Drega" na edición estadounidense). Todas as cancións foron gravadas en estéreo agás onde se indique.
Cara 1 "Lost Woman" – 3:16 "Over, Under, Sideways, Down" – 2:24 Rechanneled. "The Nazz Are Blue" – 3:04 "I Can't Make Your Way" – 2:26 "Rack My Mind" – 3:15 "Farewell" – 1:29
Cara 2 "Hot House of Omagarashid" – 2:39 "Jeff's Boogie" – 2:25 Baseada na "Guitar Boogie" de Chuck Berry; interpola seccións de "Mary Had a Little Lamb" (trad.) e "Alfie" (Burt Bacharach/Hal David). Recanalizada. "He's Always There" – 2:15 "Turn into Earth" – 3:06 "What Do You Want" – 3:22 "Ever Since the World Began" – 2:09
Edición estadounidense Cara 1 "Lost Woman" – 3:16 "Over, Under, Sideways, Down" – 2:24 "I Can't Make Your Way" – 2:26 (versión en mono que inclúe un principio que non está na estéreo) "Farewell" – 1:29 "Hot House of Omagarashid" – 2:39 (A guitarra principal de Beck diferénciase notablemente entre as dúas mesturas)
Cara 2 "Jeff's Boogie" – 2:25 "He's Always There" – 2:15 (final máis longo e con máis voces nesa parte na versión mono) "Turn into Earth" – 3:06 (apertura de batería máis longa na versión mono) "What Do You Want" – 3:22 "Ever Since the World Began" – 2:09
Notas
Categoría:Álbums de The Yardbirds Categoría:Álbums musicais de 1966 Categoría:Álbums de Columbia Records