Injun 6, tamén coñecido coa denominación Explorer 52 e Hawkeye, foi un satélite artificial da USAF xestionado pola Universidade de Iowa lanzado o 3 de xuño de 1974 mediante un foguete Scout E1 desde a Base Vandenberg da Forza Aérea.
Características Injun 6 foi o sexto e último satélite da serie Injun, deseñado, construído e xestionado pola Universidade de Iowa para a USAF, e lanzado tamén baixo o programa Explorer. A súa misión principal foi facer estudos dos campos e partículas nos polos da magnetosfera terrestre a distancias de ata 21 radios terrestres. Como obxectivos secundarios adicouse a medir a distribución do campo magnético e do plasma no vento solar e a estudar as radioemisións de tipo 3 producidas polo fluxo de electróns solares no medio interplanetario. Injun 6 estabilizábase mediante xiro, cun período de rotación de 11 segundos. A alimentación eléctrica era proporcionada por células solares que producían entre 22 e 36 vatios de potencia.
Injun 6 participou no Estudo Magnetosférico Internacional (IMS, International Magnetospheric Study). O satélite só podía enviar datos en tempo real e transmitía a 136 ou 400 MHz, cunha velocidade de entre 100 e 200 bps.
Injun 6 foi inxectado nunha órbita inicial de 126.793 km de apoxeo e 638 km de perixeo, cunha inclinación orbital de 89,8 graos e un período de 3078,1 minutos. Reentrou na atmosfera o 30 de abril de 1978.
Instrumentos Injun 6 levaba os seguintes instrumentos a bordo:
Analizador de enerxía diferencial para protóns e electróns de baixa enerxía (LEPEDEA). Magnetómetro de porta de fluxo. Receptor de ondas de plasma.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Injun (satélites)
Categoría:Injun Categoría:Programa Explorer