Maj Sjöwall, nada en Estocolmo o 25 de setembro de 1935 e finada o 29 de abril de 2020, foi unha escritora e tradutora sueca.
Traxectoria É autora, co seu compañeiro sentimental, Per Wahlöö (1926-1975), dunha serie de dez novelas policiais protagonizadas polo inspector Martin Beck e publicadas entre 1965 e 1975. Máis alá dos parámetros da novela negra, estas novelas ofrecen unha visión fortemente crítica da sociedade e o sistema político da Suecia da época, desde o punto de vista comprometidamente marxista dos autores.
A parella durou 14 anos e tivo dous fillos, Tetz e Jens. Despois de Per morrer de cancro de páncreas (1975), Maj Sjöwall seguiu a facer traducións do inglés, o danés e o noruegués para editoriais suecas; escribiu algúns relatos breves e é coautora da novela Kvinnan Som Liknade Greta Garbo (1990) xunto ao alemán Tomas Ross.
Premios Premio Edgar Allan Poe (1971). Riverton Prize (2006). VIII Premio Pepe Carvalho de Novela negra (Barcelona, 2013).
Bibliografía Ningunha das súas novelas está traducida ao galego, aínda que todas o están ao español e algunhas ao portugués.
Roseanna (1965) Mannen som gick upp i rök (1966) Mannen på balkongen (1967) Den skrattande polisen (1968) Brandbilen som försvann (1969) Polis, polis, potatismos! (1970) Den vedervärdige mannen från Säffle Det slutna rummet (1972) Polismördaren (1974) Terroristerna (1975)
Véxase tamén Ligazóns externas “El verdadero crimen es el de la socialdemocracia sueca con la clase trabajadora”, en El País “La mayoría de escritores nórdicos son nefastos”, en El País Serie Negra
Categoría:Escritores en lingua sueca Categoría:Escritores de Suecia Categoría:Nados en Estocolmo Categoría:Nados en 1935
Categoría:Finados en 2020 Categoría:Finados por cancro de páncreas