No Béarla (Inglés Non en galego) é un filme documental de catro episodios que se emitiu na canle en lingua irlandesa TG4 en 2007, e que foi producido pola Dearg Films RTÉ/TG4. Está presentado polo escritor e viaxeiro Manchán Magan, cuxa misión é a de percorrer toda Irlanda sen falar unha soa palabra en inglés. Con este experimento pretende desterrar a crenza xeneralizada de que o irlandés goza de boa saúde e demostrar a pouca preocupación e o baixo nivel que hai no país, a pesar de ser a primeira lingua oficial.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Primeiro episodio en Youtube.com
Categoría:Series documentais Categoría:Filmes en lingua irlandesa