Eliseo de Silva Espinosa, nado na Estrada en 1844, foi un avogado e político galego.

Traxectoria Escribán do Xulgado da Estrada. Concelleiro e tenente de Alcalde, o 1 de xullo de 1881 fíxose cargo oficialmente da Alcaldía. En xuño de 1884 decretouse o procesamento e suspensión do alcalde e varios tenentes de alcalde polo xulgado do Partido e cesou o 13 de xuño. En marzo de 1886 o Gobernador Civil restituíu no cargo ao alcalde e concelleiros suspendidos e no pleno de 17 de marzo dese ano son repostos nos seus cargos, cesando o 6 de setembro de 1886. Volveu ser nomeado alcalde por Real orde en xullo de 1887.Crónica de Pontevedra, 1-7-1887, p. 2. Foi secretario do Xulgado da Estrada até 1931, cando pasou a ser secretario do Xulgado de Arzúa.

Vida persoal

Casou con Carolina Gómez Cedeira. Foi tío do tamén alcalde José Mario de Silva Gómez.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Alcaldes estradenses

Categoría:Alcaldes da Estrada Categoría:Alcaldes de Galicia durante a Restauración Categoría:Nados na Estrada Categoría:Nados en 1844

Categoría:Finados en ano descoñecido