Felipe Castro Valladares, nado en Sabucedo (A Estrada) en 1900, foi un político galego.

Traxectoria Foi xefe de milicias (1938) e despois xefe local de Falange Española Tradicionalista y de las JONS da Estrada. Foi deputado provincial polo distrito A Cañiza-Ponteareas en 1938. Foi nomeado alcalde da Estrada o 1 de febreiro de 1940 e renunciou o 16 de maio dese ano, por converterse en Recadador municipal. Foi concelleiro na Estrada en 1951 como representante do terzo sindical.

Véxase tamén Ligazóns externas Alcaldes estradenses

Categoría:Falanxistas Categoría:Deputados provinciais de Pontevedra Categoría:Alcaldes da Estrada Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Nados na Estrada Categoría:Nados en 1900 Categoría:Finados en ano descoñecido