Francisco Tilve Rodríguez, nado en Pontevedra en 1883 e finado na mesma cidade a principios de agosto de 1963, foi un xornalista e político galego.
Traxectoria Ebanista de profesión, afiliouse ao PSOE en 1901, con 18 anos. Foi correspondente de El Socialista e director de Nueva Aurora. Amigo de Pablo Iglesias Posse, con quen mantivo correspondencia, realizou unha intensa actividade sindical e política, foi Secretario da Federación Agraria (1923) e Secretario e Presidente da Agrupación Socialista de Pontevedra. Foi elixido concelleiro en Pontevedra nas eleccións de abril de 1931 que trouxeron a República e foi candidato nas eleccións a Cortes de 1933. Presidiu o primeiro congreso provincial socialista de Pontevedra en 1934.
Tralo golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 26 de xullo. Xulgado, foi condenado a oito anos de reclusión e inhabilitación absoluta, ingresando no cárcere provincial e despois na Illa de San Simón. En liberdade dende abril de 1938, volveu ser detido o 1 de outubro de 1939 por posesión de material “marxista”, ingresando no cárcere da Parda en xaneiro de 1940. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas.BOE, 15-11-1940, p. 5270. Finou en Pontevedra a principios de agosto de 1963.El Pueblo Gallego, 3-8-1963, p. 14. Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Expediente de responsabilidades políticas contra Francisco Tilve Rodríguez, Francisco Sánchez Solera, Enrique Martínez Pazos, Ramón Fernández Cortés e Francisco Mouriño Iglesias
Categoría:Xornalistas de Pontevedra
Categoría:Políticos do PSOE
Categoría:Concelleiros de Pontevedra Categoría:Concelleiros de Galicia durante a II República Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Nados en 1883 Categoría:Finados en 1963 Categoría:Ebanistas