miniatura|Árbore filoxenética das algas. O diagrama indica a clasificación dos Cabozoos proposta por Cavalier Smith, pero non todos os termos indicados reflicten un consenso actual.
Os cabozoos (Cabozoa) son un clado de Eukarya proposto por Cavalier-Smith para agrupar aos grupos Rhizaria e Excavata.T. Cavalier-Smith (2003), Genomic reduction and evolution of novel genetic membranes and protein-targeting machinery in eukaryote-eukaryote chimaeras (meta-algae) , Philos Trans R Soc Lond B Biol Sci. 2003 January 29; 358(1429): 109–134. doi: 10.1098/rstb.2002.1194. Segundo esta clasificación, Cabozoa orixinouse cando o antepasado común de Excavata e Rhizaria adquiriu os cloroplastos por medio da inxestión e establecemento de endosimbiose cunha alga verde con clorofilas a e b. Este proceso de endosimbiose secundaria (mestura de dúas células eucariotas) reflíctese na topoloxía máis complexa das membranas que rodean os cloroplastos.
Non todos aceptan que o grupo sexa monofilético. As investigacións máis recentes tenden a situar a Rhizaria cos Alveolata e heterocontas.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Corticata
Categoría:Eucariotas