A douradiña ou fento pequeniño (Ceterach officinarum ou Asplenium ceterach) é unha especie de fento pertencente á familia Aspleniaceae. Aparece en Galiza. Descrición Trátase dunha planta cun rizoma groso e curto, do que xorden unhas frondes en fascículos mestos, que posúen unha lámina pinnada, verdosa, glabra pola face superior, cun indumento prateado polo envés; ditas pinnas son alternas, ovadas. O pecíolo é menor en lonxitude có limbo. Os seus soros, carentes de indusio, son lineares. 2n=144. Distribución e hábitat Trátase dunha especie propia de Europa occidental e central, incluíndo a rexión mediterránea deica Asia, na súa zona temperada. O seu hábitat preferente consiste en fendas das rochas, especialmente sobre substratos calcarios.
Propiedades Posúa aplicacións en medicina popular como diurético. Principios activos: Describiuse a presenza de taninos, ácidos orgánicos e mucilaxes.
Indicacións: Uso popular coma: diurético, colerético, hipotensor, hipoviscosizante, tónico xeral e antitusivo. Indicado para estados nos que cómpre un aumento da diurese: afeccións xenitourinarias (cistite, ureterite, uretrite, oliguria, urolitíase), hiperazotemia, hiperuricemia, gota, hipertensión arterial, edemas, exceso de peso acompañado de retención de líquidos. Prevención da arteriosclerose; disquinesias biliares. Bronquite, gripe, arrefriados. Úsanse as partes aéreas. Apáñase de maio até agosto. Infusión: 1 cullerada por cunca; dous ou tres cuncas por día, despois das comidas.
Taxonomía miniatura|240px|Fento pequeniño no seu hábitat Asplenium ceterach foi descrita por Mary Tindale e publicado en Contributions from the New South Wales National Herbarium 3(3): 247 1963. Etimoloxía O nome científico do xénero Asplenium fai referencia ao uso terapéutico que se daba a estas plantas durante a Idade Media para sandar doenzas ligadas co bazo (exceso de bile negra). Así, Asplenium sería unha adaptación ao latín do grego "splen" (bazo). ceterach: epíteto Citoloxía Número de cromosomas de Ceterach officinarum (Fam. Aspleniaceae) e táxones infraespecíficos: 2n=144Cytotaxonomy of spanish plants. I. Introduction. Pteridophyta and Gymnospermae. Löve, A. & E. Kjellqvist (1972) Lagascalia 2(1): 23-35 Sinonimia Ceterach officinarum subsp. officinarum Willd. Ceterach officinarum Willd. Ceterach vulgare var. crenatum Samp. Ceterach vulgare Druce
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas
Fotos de ‘’Ceterach officinarum’’ Artigo sobre os fentos híbridos de Mallorca (“en castelán”) Blog sobre o mundo dos fentos (“en castelán”)
Categoría:Asplenium Categoría:Plantas medicinais Categoría:Fentos Categoría:Fentos de Galicia Categoría:Plantas descritas en 1753