O dolmen de Menga é unha construción megalítica situada no concello de Antequera, (Málaga). Construído no 2500 a. C. aínda que as datacións máis recentes son do 3790 ao 3730 a. C.
Descrición miniatura|esquerda|Vista interior do dolmen. O dolmen de Menga aparece citado por primeira vez nun manuscrito de Agustín de Tejada y Páez, de 1587, co título de Discursos históricos de Antequera no que se fala da existencia de “…una cueva que se dice de Menga y otra que junto a ella, poco ha, se ha descubierto…”. En 1847 Rafael Mitjana, arquitecto de Málaga, na súa obra titulada: Memoria sobre el templo druida hallado en las cercanías de la ciudad de Antequera fai un estudo monográfico sobre Menga. En 1886 foi declarado Monumento Nacional.
Está situado a uns 3 km nas aforas da cidade de Antequera, Málaga xunto co dolmen de Viera e Tholos del Romeral os tres forman o maior conxunto megalítico de España e un dos maiores de Europa.
Na primeira lousa de entrada á esquerda hai unhas inscricións de figuras antropomórficas.
A planta do monumento megalítico é rectangular de 27,50 metros de longo e un máximo de 4 m de altura. A entrada é de 2,70 m e amplíase a 3,50 m e xa dentro da cámara chega a ter un máximo de 6 m no terzo final.
En 2004 co inicio de novas investigacións e escavacións ao fondo da cámara redescubriuse un pozo de 1,50 m de diámetro e unha profundidade de 19,50 m construído polos mesmos construtores do megálito xa que se teñen atopado as pedras empregadas na súa construción como ferramentas. O nivel da auga no pozo varía coa seca.
As paredes do dolmen son grandes pedras ortostáticas. En cada banda ten 12 destas grandes pedras e no fondo hai unha soa. A cuberta do dolmen son 5 lousas faltando a primeira que estaría na entrada. A máis grande das lousas, a do fondo, calcúlase que pesa unhas 180 toneladas. Nas unións destas grandes lousas do teito hai tres piares en liña, só un deles soporta o peso da lousa.
Todo o dolmen esta baixo un túmulo de entre 50 e 120 m de diámetro coa entrada orientada ao nordeste (acimut de 45 graos), ao norte do solsticio de verán. O monumento mira cara á Peña de los Enamorados.
O dolmen ten iluminación artificial interior e está aberto a visitas. Preto del hai un centro de interpretación. O conxunto megalítico (Menga, Viera e El Romeral) está decladarado pola UNESCO como Patrimonio da Humanidade.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Megálito Dolmen de Viera Tholos del Romeral
Bibliografía Juan Fernández Ruiz e José Enrique Márquez Romero. Dólmenes de Antequera guía oficial del conjunto arqueológico. Xunta de Andalucía. ISBN 978-84-8266-865-9, 220 páxinas.
Ligazóns externas Dolmenes de Antequera: Dolmen de Menga, Antequera, Málaga Historia de la arquitectura en España: Dolmen de Menga, Antequera, Málaga Vídeo do interior do dolmen
Menga Categoría:Antequera Categoría:Bens de Interese Cultural de Andalucía