Rickettsia é un xénero de bacterias gramnegativas non móbiles e non formadoras de esporas, moi pleomórficas, que poden ter forma de coco (de 0,1 μm de diámetro), bacilo (de 1–4 μm de longo) ou filamentosa (de 10 μm de longo). Son parasitos intracelulares obrigados, polo que a supervivencia de Rickettsia depende da súa entrada, crecemento e replicación dentro do citoplasma dunha célula eucariota hóspede (xeralmente unha célula endotelial).
Debido a este tipo de parasitismo, Rickettsia non pode vivir en medios artificiais con nutrientes e hai que cultivala en cultivos de embrións (xeralmente ovos de polo embrionados) ou de tecidos biolóxicos. O método de cultivo das Rickettsia en embrións de polo inventouno Ernest William Goodpasture e os seus colegas na década de 1930. No pasado, cando non se coñecía o suficiente delas, foron situadas a medio camiño entre os virus e as bacterias. Porén, a diferenza dos xéneros bacterianos Chlamydia, Mycoplasma, e Ureaplasma, os organismos Rickettsiales posúen verdadeiras paredes celulares similares ás das outras bacterias gramnegativas. A maioría das Rickettsia son susceptibles aos antibióticos do grupo das tetraciclinas.
As especies de Rickettsia son transportadas por moitas especies de carrachas, pulgas, e piollos, e causan enfermidades en humanos como por exemplo o tifo exantemático, varíola rickettsial, febre botonosa, febre manchada das Montañas Rochosas, ou a febre manchada da illa Flinders. Tamén foron asociadas con diversas enfermidades de plantas. Unha vez dentro da célula hóspede a bacteria multiplícase ata encher todo o citoplasma, entón a célula esboura, liberando a proxenie ao medio circundante, onde infectan máis células.M. Madigan, J. Martinko, J. Parker. Brock. Biología de los Microorganismos. 10ª edición. 2003. Páxina 381. ISBN 84-205-3679-2.
O nome do xénero procede do investigador Howard Taylor Ricketts (1871–1910), que estudou a febre manchada das Montañas Rochosas en Montana, e que finalmente acabou morrendo de tifo ao estudar esa enfermidade en México. O nome rickettsia úsase ás veces en sentido amplo para referirse a todas as Rickettsiales.
As rickettsias poden ser as bacterias vivas máis próximas ás antigas bacterias que orixinaron por endosimbiose as mitocondrias das células eucariotas.
Clasificación Rickettsia divídese en tres grupos baseados na seroloxía, que son: grupo da febre manchada, do tifo e da febre de tsutsugamushi. Este agrupamento foi confirmado por secuenciación do ADN. Os tres grupos conteñen patóxenos humanos. O grupo da febre de tsutsugamushi foi reclasificado como un novo xénero chamado Orientia, polo que non sería xa un membro de Rickettsia, pero moitos libros de texto médicos aínda inclúen este grupo como produtor de enfermidades de rickettsias.
Nos últimos anos foi facéndose evidente que as rickettsias están máis estendidas do que previamente se cría e agora sábese que están asociadas con artrópodos, sambesugas e protistas. Tamén se identificaron distintos tipos dentro do grupo da febre manchada e suxeriuse que este debería dividirse en dous clados.Gillespie J.J., Beeir M.S., Rahman M.S., Ammerman N.C., Shallom J.M., Purkayastha A., Sobral B.S., Azad A.F. Plasmids and rickettsial evolution: insight from 'Rickettsia felis'. PLoS ONE. 2007;2:e266. . As rickettsias que viven en artrópodos están xeralmente asociadas con eventos reprodutivos do animal (como a partenoxénese) para poder persistir na liñaxe do hóspede Perlman S.J., Hunter M.S., Zchori-Fein E. The emerging diversity of 'Rickettsia'. Proceedings of the Royal Society B-Biological Sciences. 2006;273:2097–2106.
En 2010 investigacións suecos informaron dun caso de meninxite bacteriana en humanos causada por Rickettsia helvetica, que previamente se cría que era inofensiva.
Grupo da febre manchada Rickettsia rickettsii (hemisferio occidental) febre manchada das Montañas Rochosas (ou, simplemente, febre das Montañas Rochosas), transmitida por carrachas
Rickettsia akari (USA, territorios da antiga Unión Soviética) varíola rickettsial, transmitida por ácaros
Rickettsia conorii (países mediterráneos, África, suroeste asiático, India) febre botonosa, transmitida por carrachas
Rickettsia sibirica (Siberia, Mongolia, norte da China) tifo de carrachas siberiano ou do norte de Asia
Rickettsia australis (Australia) tifo de carrachas australiano
Rickettsia felis (América do Norte e do Sur, sur de Europa, Australia) febre manchada de pulgas
Rickettsia japonica (Xapón) febre manchada oriental
Rickettsia africae (África do Sur) febre da picada da carracha africana
Rickettsia hoogstraalii (Croacia, España e estado de Georgia, EEUU)Duh, D., V. Punda-Polic, T. Avsic-Zupanc, D. Bouyer, D.H. Walker, V.L. Popov, M. Jelovsek, M. Gracner, T. Trilar, N. Bradaric, T.J. Kurtti and J. Strus. (2010) Rickettsia hoogstraalii sp. nov., isolated from hard- and soft-bodied ticks. International Journal of Systematic and Evolutionary Microbiology, 60, 977-984; http://ijs.sgmjournals.org/cgi/content/abstract/60/4/977 , accessed 16 July 2010. Patoxenicidade descoñecida
Grupo do tifo Rickettsia prowazekii (en todo o mundo) Tifo epidémico, tifo exantemático histórico, transmitido por piollosDiccionario Terminológico de Ciencias Médicas. Masson. 13ª edición. 1999. Páxinas 1081. ISBN 84-458-0095-7.
Rickettsia typhi (en todo o mundo) Tifo murino (tifo exantemático endémico), transmitido por pulgas.
Grupo da febre de tsutsugamushi O axente causante da febre de tsutsugamushi ou febre fluvial xaponesa (ou febre da maleza) antes coñecido como R. tsutsugamushi foi reclasificado como pertencente ao xénero Orientia.
Patoxénese en flora e fauna Diversas enfermidades de plantas foron asociados con organismos do tipo Rickettsia (RLO). Entre eses organismos están:
RLO da roseta latente da remolacha Bacteria do enverdecemento dos cítricos RLO da folla de trevo RLO da necrose infecciosa da vide Bacteria da enfermidade de Pierce da vide RLO do amarelo da vide RLO da enfermidade da vasoira de bruxa do alerce RLO falso do pexego
A infección dáse tamén en mamíferos non humanos; por exemplo, especies de Rickettsia atacan o guanaco (Lama guanacoe, camélido suramericano).C. Michael Hogan. 2008. Guanaco: Lama guanicoe, GlobalTwitcher.com, ed. N. Strömberg
Xenómica Certos segmentos do xenoma das rickettsias lembran ao das mitocondrias. O xenoma de R. prowazekii ten unha lonxitude de 1.111.523 bp e contén 834 xenes codificantes de proteínas. A diferenza das bacterias de vida libre, non contén xenes para a glicólise (proceso anaerobio) nin xenes implicados na biosíntese e regulación de aminoácidos e nucleósidos. Neste sentido é similar aos xenomas mitocondriais, e en ambos os casos deben usarse recursos codificados no núcleo da célula (hóspede).
A produción de ATP in Rickettsia é igual que nas mitocondrias. De feito, de todos os microbios coñecidos, a Rickettsia é probablemente o máis próximo (nun sentido filoxenético) ás mitocondrias. Pero, a diferenza das mitocondrias, o xenoma de R. prowazekii, contén un conxunto completo de xenes que codifican os encimas do ciclo do ácido tricarboxílico e o complexo da cadea respiratoria. De todos modos, os xenomas de Rickettsia e das mitocondrias dise frecuentemente que son produtos resultantes dunha evolución redutora.
O descubrimento recente dunha semellanza entre os xenomas de Rickettsia e certos virus pode servir para loitar contra as infeccións por VIH. A resposta inmune humana contra o patóxeno da febre de tsutsugamushi, Orientia tsutsugamushi (antes Rickettsia tsutsugamushi), parece proporcionar un efecto beneficioso contra o progreso da infección por VIH, ao influír negativamente no proceso de replicación do virus. Unha posible razón para este fenómeno é o certo grao de homoloxía entre a rickettsia e o virus, concretamente teñen epitopos comúns debido a fragmentos do xenoma que son comúns en ambos os patóxenos. Sorprendentemente, outra infección da que se informou que probablemente produce o mesmo efecto (decrecemento da carga viral) é a enfermidade de orixe vírica dengue.
As análises comparativas de secuencias xenómicas identificaron 5 indeis sinatura conservados en importantes proteínas, que só se encontran en membros do xénero Rickettsia. Estes indeis consisten nunha inserción de 4 aminoácidos no factor Mfd de acoplamento de reparación da transcrición , unha inserción de 10 aminoácidos na proteína ribosómica L19, unha inserción de 1 aminoácido no FtsZ, unha inserción de 1 aminoácido no factor sigma 70 maior, e unha deleción de 1 aminoácido na exonuclease VII. Estes indeis son todos característicos do xénero e serven como marcadores moleculares para Rickettsia.Gupta, R. S. (2005). Protein signatures distinctive of alpha proteobaccteria and its subgroups and a modle for alpha proteobacterial evolution. Critical Reviews in Microbiology. 3:101-135. DOI: 10.1080/10408410590922393.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Rickettsia, xenoma e información relacionada en PATRIC, un centro de recursos bioinformáticos sostido polo NIAID African Tick Bite Fever da Centers for Disease Control and Prevention
Categoría:Rickettsiales