La Raza foi unha revista editada en Santiago de Compostela en 1918.
Historia e características Apareceu o 5 de febreiro de 1918, cunha periodicidade quincenal. Foi continuadora de Maruxa. Revista literaria, cada número constaba de vinte páxinas e imprimíase na tipografía de El Eco Franciscano. O seu director foi Marino López Blanco e posteriormente José Gómez Posada-Curros, e entre os seus colaboradores estivo Jaime Solá. Centrada na defensa da relixión e a patria, no primeiro número definíase: "Nuestros ideales: religión, belleza, patria. ¡Queremos un regionalismo sano y puro dentro de la gran unidad española!". Publicou artigos, información, notas de sociedade, poesías, contos e publicidade en seccións fixas como "De sociedad", "Dardos" ou "Información". Estaba financiada polos alemáns para facer propaganda da causa xermanófila.
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia da Coruña
Categoría:Prensa escrita de Santiago de Compostela Categoría:1918 en Galicia Categoría:Revistas en lingua castelá Categoría:Revistas de España desaparecidas Categoría:Revistas literarias de España